Wikiquote é unha colección de citas soadas de personaxes famosos, libros e proverbios. Realízase de forma colaborativa a través de Internet, baixo a licenza libre GFDL, e baseándose en tecnoloxía wiki. Baséase nunha idea de Daniel Alston, implementada por Brion Vibber.

É un proxecto irmán de Wikipedia, sendo auspiciado tamén pola Fundación Wikimedia, e utilizando o mesmo software, MediaWiki.

Non alcanzou un desenvolvemento tan grande como Wikipedia, pero existen xa versións en varios idiomas. Entre todos eles conta con máis de 364 000 páxinas, das que unhas cen mil poden ser propiamente artigos de citas (sen contar redireccións, páxinas de conversa nin instrucións sobre o propio proxecto). Máis de vinte mil destes artigos corresponden á versión en inglés. A versión en español é a sétima en número de artigos: ten máis de dezanove mil páxinas, das que máis de cinco mil son artigos de citas.

Principais Wikiquote e a súa evolución O interese por Wikiquote fixo crecer os proxectos. O 13 de novembro de 2004, a versión en inglés alcanzou os 2000 artigos. En marzo de 2005, antes de que o subdominio en inglés alcanzase os 3000 artigos, Wikiquote entre todos os seus idiomas xa presentaba 10 000 páxinas. Ao concluír 2005 xa había 7 Wikiquotes con máis de 2000 artigos de citas (como antes, sen contar páxinas de conversa, de redirección nin de axuda), mentres Wikiquote en español apenas superaba os mil: Idioma Wiki N.º de artigos Usuarios rexistradosInglés en 9133 artigos 6765 usuariosAlemán de 4268 artigos 1399 usuariosFrancés fr 2827 artigos 545 usuariosBúlgaro bg 2232 artigos 139 usuariosPolaco pl 2221 artigos 457 usuariosPortugués pt 2190 artigos 238 usuariosItaliano it 2126 artigos 351 usuariosEspañol es 1016 artigos 588 usuarios

right|thumb|Crecemento de Wikiquote até maio de 2006, cando os proxectos en alemán e en inglés achegábanse aos 7000 artigos. Non aparece Wikiquote en francés, que tivo que pechar. En xaneiro de 2006, 26 proxectos estaban activos (no sentido de que tiñan polo menos un artigo lexítimo de citas e rexistraron polo menos unha edición no mes).

En abril, Wikiquote en francés (o terceiro proxecto en número de artigos) foi pechada por problemas legais, xa que parte do contido podía violar dereitos de bases de datos. O 4 de decembro de 2006 foi reaberta, e un ano despois superaba os oitocentos artigos (segundo as súas estatísticas).

Para o 3 de xaneiro de 2008, as catorce Wikiquotes que superaban os mil artigos eran: Idioma Wiki N.º de artigos Inglés en 14 434 artigos Alemán de 7782 artigos Italiano it 5995 artigos Polaco pl 5869 artigos Eslovaco sk 4454 artigosPortugués pt 4176 artigos Ruso ru 4038 artigos Búlgaro bg 3433 artigos Bosníaco bs 3426 artigos Esloveno sl 2492 artigosEspañol es 2437 artigos Turco tr 1937 artigos Hebreo hei 1265 artigosChinés zh 1186 artigos Ao comezar 2009, 16 versións de Wikiquote superaban os mil artigos: Idioma Wiki N.º de artigos Inglés en 16 442 artigos Italiano it 8216 artigos Alemán de 7082 artigos Polaco pl 6645 artigos Portugués pt 5416 artigos Eslovaco sk 4803 artigosRuso ru 4480 artigos Búlgaro bg 3560 artigos Bosníaco bs 3437 artigos Español es 3050 artigos Esloveno sl 2502 artigosTurco tr 2158 artigos Hebreo hei 1590 artigosChinés zh 1319 artigosFrancés fr 1281 artigosLituano lt 1187 artigos Ao comezar 2010, 21 edicións superan os mil artigos: thumb|182x182px|Logo proposto para Wikiquote en español. Idioma Wiki N.º de artigos Inglés en 17 535 artigos Italiano it 9496 artigos Polaco pl 7650 artigos Alemán de 7383 artigos Portugués pt 5746 artigos Ruso ru 4985 artigos Eslovaco sk 4816 artigosEspañol es 3903 artigos Búlgaro bg 3584 artigos Bosníaco bs 3466 artigos Esloveno sl 2450 artigosTurco tr 2271 artigos Francés fr 1889 artigosHebreo hei 1818 artigosLituano lt 1675 artigosCheco cs 1487 artigosChinés zh 1427 artigosGrego hei 1234 artigosHúngaro hu 1120 artigosPersa fa 1069 artigosUcranio uk 1034 artigos

Véxase tamén Outros artigos Wikipedia Galizionario Galilibros Galifontes Meta-Wiki Galicitas

Categoría:Wikimedia