Rafael Varela Pazo, nado na Estrada o 21 de xullo de 1910 e finado no mesmo concello o 28 de febreiro de 1961, foi un mestre e xornalista galego.

Traxectoria Fillo de José Varela Puente e Francisca Pazo Tornadijo. Militou nas Irmandades da Fala e publicou poemas e textos de opinión na prensa. Dirixiu La Vanguardia, foi asiduo colaborador de El Emigrado e tamén escribiu en La Estrada, Las Riberas del Eo e Céltiga. Foi vicesecretario do Comité pro Monumento a Pardo de Cela constituído na Estrada en decembro de 1932.El Pueblo Gallego, 13-12-1932, p. 10. Estaba anunciado como presentador do mitin galeguista da Estrada o 12 de xaneiro de 1936 no que interviron Ramón de Valenzuela, Víctor Casas e Castelao.El Pueblo Gallego, 12-1-1936, p. 13. Con Ramiro Alfonso Castro Dono representaron A Estrada no enterro de Antón Vilar Ponte en marzo de 1936. Foi nomeado mestre interino de Castro de Amarante. Logo tivo que incorporarse a filas no exército franquista e combateu na guerra. Ao rematar a guerra volveu ser mestre en Castro de Amarante e despois en Matalobos. Finou nun accidente de motocicleta o 28 de febreiro de 1961.El Pueblo Gallego, 4-3-1961, p. 5.

Vida persoal Casou coa tamén mestra Encarnación Cives Tarrela e foron pais de Magdalena e Ramiro Varela Cives.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Alfonso Ramiro Castro Dono e a creación cultural truncada

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Políticos do Partido Galeguista Categoría:Nados na Estrada Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 1961 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes