300px|miniatura|Salinas do Ulló. 300px|miniatura|Marisma na que se atopan as salinas.

O complexo intermareal e etnográfico de Ulló, tamén coñecido como salina de Ulló ou granxa de Ulló, é un espazo natural localizado no concello pontevedrés de Vilaboa, a carón do lugar de Paredes.

Características miniatura|300px| O espazo foi historicamente coñecido coma Ulló ou Ullóo. Dito complexo está composto por unha marisma formada pola unión dos regatos Tuimil e Villil, que desembocan ambos os dous na enseada de San Simón, na ría de Vigo.

Os primeiros restos documentados das salinas datan do século XVII. Así, en 1637 construíuse un dique de 1 km de lonxitude que pechaba a marisma e permitía empregar a baixamar para recoller sal. Desde 1694 e até o século XX os xesuítas de Pontevedra serían os encargados de explotaren as salinas.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Enseada de San Simón Xeografía de Vilaboa Ligazóns externas Salinas de Ulló. Galicia Máxica.

Categoría:Vilaboa Categoría:Xeografía da provincia de Pontevedra Categoría:Enseada de San Simón