A rúa de Juan Flórez é unha rúa da Coruña. Serviu de tradicional saída da cidade, bordeando o Primeiro Ensanche.

Está situada entre a praza de Pontevedra e a avenida de Alfonso Molina.

Historia A rúa era coñecida como Estrada de Castela e Camiño Novo e xa nos planos do século XVIII aparecía o seu trazado. O nome actual recibiuno en 1900 como homenaxe a Juan Flórez, alcalde da cidade a mediados do século XIX.

Ata a década de 1930 conservou árbores na marxe esquerda, que viñan da época de Carlos III.

Institucións e comercios Na rúa estivo situado ata 1968 o Leirón do Sporting Club Casino, onde se organizaban verbenas e se practicaban numerosos deportes, e, entre 1920 e 1969, o Salón Doré. Tamén estivo a fábrica da importante industria téxtil La Primera Coruñesa, que tiña unha alta cheminea.

Paralelo á praza do Libro estaba o Colexio Dequidt, institución laica de ensino, que desapareceu na década de 1960 e dende 1915 atópanse na rúa as Escolas Labaca.

Arquitectura miniatura|Chalé Escudero. Dos chalés que houbo na rúa de Juan Flórez só perdura o Chalé Escudero. Porén, consérvanse algúns edificios destacados, algúns deles catalogados:

Edificio de esquina na rúa de Francisco Mariño, nº 1, de Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón (1926) Nº 37, 79-87, 91 e 95 (1923-1951) Nº 47, de Carlos Meijide (1970-1973), edificio de formigón emparentado co veciño Edificio Pou, de Miguel Fisac, construído sobre os chalés de Fariña. Nº 59-69 (1943-1951) Nº 2-12 (1915-1987) Nº 28, de Ramón Vázquez Molezún e Gerardo Salvador Molezún (1966) Nº 36. Torre Dorada, de Milagros Rey Hombre Nº 58. Edificio Trébol, de Carlos Meijide (1971-1975), rañaceos que foi construído sobre o Chalé Molezún. Nº 64-66. Edificio Vázquez, de Antonio Vicéns Moltó (1946), con influencias do expresionismo arquitectónico dos anos 30.Do.Co.Mo.Mo Nº 72-78, 132-134 e 148 (1927-1972) Torre Galicia, de Manuel Gallego Jorreto (1968-1971) Nº 116. Escolas Labaca, de Leoncio Bescansa (1912-1915), con estilo entre o modernismo e o neogótico.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Rúas da Coruña