Os monumentos do ciclismo son cinco carreiras clásicas consideradas de maior historia e prestixio no calendario internacional.
As cinco carreiras empezaron a disputarse antes da primeira guerra mundial. Pola súa orde de disputa durante a tempada son a Milán-San Remo (Italia), Tour de Flandres (Bélxica), París-Roubaix (Francia), Liexa-Bastogne-Liexa (Bélxica) e o Giro da Lombardía (Italia). As catro primeiras córrense na primavera, mentres que a última dispútase en outono.
Ademais de ser carreiras moi antigas, teñen a característica de ser as máis duras do calendario, non só polos quilómetros, que é superior ós 200 km, senón tamén polo seu percorrido.
As principais características dos monumentos son as seguintes: Milán-San Remo: A súa primeira edición foi no ano 1907, e o seu gañador foi o belga Lucien Petit-Breton. A marca de vitorias na competición teno Eddy Merckx, que chegou a ganala ata 7 veces. Adoita ser a máis longa en quilometraxes, cerca dos 300 quilómetros. É a primeira dos cinco monumentos, e dispútase o penúltimo ou último domingo de marzo. Tour de Flandres: Denominada Ronde van Vlaanderen oficialmente. A súa primeira edición foi no ano 1913, e o seu gañador foi o belga Paul Deman. A marca de vitorias na competición está repartida entre seis ciclistas, con 3 vitorias cada un. O ciclistas son; os belgas Achiel Buysse, Eric Leman, Johan Museeuw, Tom Boonen (en activo), o italiano Fiorenzo Magni, e o suízo Fabian Cancellara (en activo). É unha dos dous monumentos que se corren sobre lastro, e que se denominan clásicas flandrienanas. No calendario é o segundo monumento, que se disputa o primeiro domingo de abril. París-Roubaix: A súa primeira edición foi no ano 1896, e o seu gañador foi o alemán Josef Fischer. A marca de vitorias na competición téñenno dous belgas; Roger De Vlaeminck e Tom Boonen (en activo). É o segundo monumento que se corren sobre lastro, e que se denominan clásicas flandrienanas. No calendario é o terceiro monumento, e dispútase o segundo domingo de abril. Liexa-Bastogne-Liexa: É a máis antiga dos monumentos, disputándose a súa primeira edición no ano 1892, e na que o seu primeiro gañador foi o belga León Houa. A marca de vitorias na competición é de Eddy Merckx, alzouse coa vitoria en 5 ocasións. É a última clásica e único monumento das denominadas clásicas ardenianas ou clásicas das Árdenas. No calendario é o último monumento da primavera, e penúltimo do ano, e dispútase o penúltimo ou último domingo de abril. Giro da Lombardía: Nos últimos anos en Italia pasaron a denominala tamén como il Lombardia. A súa primeira edición foi no ano 1905, e o seu gañador foi o italiano Giovanni Gerbi. Dos cinco monumentos, é a máis montañosa polo que é o monumento na que menos compiten clasicómanos puros. Ademais de non estar encadrada no calendario das clásicas de primavera, xa que se disputa o primeiro domingo de outubro. A marca de vitorias na competición é do italiano Fausto Coppi, alzouse coa vitoria en 5 ocasións.
Máis vitorias
Coureurs M-S T-F P-R L-B-L GL Total Eddy Merckx 7 2 3 5 2 19 Roger De Vlaeminck 3 1 4 1 2 11 Costante Girardengo 6 3 9 Fausto Coppi 3 1 5 9 Seán Kelly 2 2 2 3 9 Rik Van Looy 1 2 3 1 1 8 Gino Bartali 4 3 7 Tom Boonen 3 4 7 Fabian Cancellara 1 3 3 7 Alfredo Binda 2 4 6 Alfred De Bruyne 1 1 1 3 6 Francesco Moser 1 3 2 6 Moreno Argentin 1 4 1 6 Johan Museeuw 3 3 6 Henri Pélissier 1 2 3 6 Gaetano Belloni 2 3 5 Rik Van Steenbergen 1 2 2 5 Bernard Hinault 1 2 2 5 Michele Bartoli 1 2 2 5 Paolo Bettini 1 2 2 5 Gaston Rebry 1 3 4 Alfons Schepers 1 3 4 Louison Bobet 1 1 1 1 4 Germain Derycke 1 1 1 1 4 Felice Gimondi 1 1 2 4 Walter Godefroot 2 1 1 4 Hennie Kuiper 1 1 1 1 4 Jan Raas 1 2 1 4 Erik Zabel 4 4 Octave Lapize 3 3 Giovanni Brunero 1 2 3 Romain Gijssels 2 1 3 Achiel Buysse 3 3 Fiorenzo Magni 3 3 Jo de Roo 1 2 3 Émile Daems 1 1 1 3 Tom Simpson 1 1 1 3 Eric Leman 3 3 Peter Van Petegem 2 1 3 Andrea Tafi 1 1 1 3 Andreï Tchmil 1 1 1 3 Óscar Freire 3 3 Damiano Cunego 3 3 Philippe Gilbert 1 2 3 Alejandro Valverde 3 3
En letra grosa están as marcas en cada competición.
Categoría:Ciclismo