Sylvestr Sembratovych (en , en ), nado o 3 de setembro de 1836 en Desznica (entón parte do Reino de Galicia e Lodomeria, actual Polonia) e finado o 4 de agosto de 1898 en Lviv, foi metropolita de Lviv e primado da Igrexa Católica Bizantina Ucraína entre 1885 e 1898. Traxectoria Sylvestr Sembratovych naceu o 3 de setembro de 1836 en Desznica, unha vila entón parte do Reino de Galicia e Lodomeria, no Imperio Austríaco.
O 1 de novembro de 1860 foi ordenado sacerdote.
O 28 de febreiro de 1879 foi nomeado bispo auxiliar de Lviv e bispo titular de Iuliopolis. Recibiu a consagración episcopal o 20 de abril de mans do metropolita de Lviv Yosyf Sembratovych.
O 12 de febreiro de 1885 foi elixido para dirixir a Igrexa Católica Bizantina Ucraína como metropolita de Lviv. O 29 de novembro de 1895 o papa León XIII creouno cardeal, co título de Cardeal-Presbítero de Santo Stefano al Monte Celio.
Finou en Lviv o 4 de agosto de 1898.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Catholic-Hierarchy.org
Categoría:Nados en 1836 Categoría:Nados no condado de Jasło Categoría:Bispos católicos de Polonia Categoría:Bispos católicos de Ucraína Categoría:Primados da Igrexa católica bizantina ucraína Categoría:Cardeais de Polonia Categoría:Cardeais de Ucraína Categoría:Cardeais creados por León XIII Categoría:Finados en 1898