Juan Ramon Madariaga Abaitua, coñecido como Juanra Madariaga, nado en Bilbao en 1962, é un escritor biscaíño en éuscaro.
Traxectoria Estudou Filoloxía Vasca na Universidade de Deusto, onde máis tarde exerceu a docencia.
En 1988, gañou o premio de poesía da Deputación de Biscaia con Imentzioaren Pergamuak (1989). Anos máis tarde publicou Galera Errepikatuak (1992) e Elaien Ausardia (1993), distinguida esta última co premio Imajina Euskadi de 1991. EN 1996 publicou Argia sortzen den izartegia, premio da Crítica de 1997.
En 2000 gañou o premio Felipe Arrese Beitia da Euskaltzaindia co poemario Amodioa Batzuetan. En 2002 foi finalista do Premio Euskadi por ese mesmo libro, Amodioa Batzuetan.
En 2003 saíu o seu poemario Izozmendiak.
É así mesmo colaborador do xornal Berria e de diversas revistasJuan Ramon Madariaga Abaitua , información xeral. .
Agás un libro en castelán, Física, as súas restantes obras están escrita en lingua éuscara<ref>Entrevista a Madariaga en Bilbaoeuskaraz.eus o 13 de decemebro de 2010. </ref>. Algunhas delas foron traducidas ao inglés, italiano, esloveno ou catalánFicha do autor en Visat.cat. .
Obra Narrativa Neguko antzarrak (Deustuko Unibertsitatea, 1993) eSPedición (E(SP)edizioa. Mendi ororen pisua. Txalaparta, 2015; tradución de Isaac Xubín)
Poesía Imentzioaren pergamuak (Bizkaiko Foru Aldundia, 1989) Galera errepikatuak (Susa, 1992) Itsasontziak ozeanotan bezala (BCH, 1992) Argia sortzen den izartegia (Alberdania, 1996) Orbanak (Olerti Etxea, 2000) Amodioa batzuetan (Euskaltzaindia-BBK, 2001) Izozmendiak (Susa, 2003) Eroriaren logika'' (Susa, 2009)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Juan Ramon Madariaga literaturaren zubitegian (ficha do autor) .
Categoría:Nados en Bilbao Categoría:Nados en 1962 Categoría:Escritores en lingua éuscara Categoría:Escritores do País Vasco Categoría:Alumnos da Universidade de Deusto Categoría:Personalidades sen imaxes