miniatura|240px|Femia de Argonauta nodosa. A dos argonáutidos (Argonautidae) é unha familia de moluscos cefalópodos peláxicos da suborde dos incirrinos,Argonautidae Cantraine, 1841 no WoRMS. unha das dúas en que se divide a orde dos octópodos,Octopoda no WoRMS. que comprende un único xénero vivente, Argonauta Linnaeus, 1758. e varios extintos coñecidos vulgramente como argonautas e,argonauta2 no diconario da RAG. ás veces, como náutilos de papel, debido ás cápsulas, finas como o papel, que segregan as femias para transportaren os ovos; porén, esta estrutura carece das cámaras cheas de aire presentes na cunchas dos náutilos, e non é unha verdadeira cuncha de cefalópodo, senón máis ben unha innovación evolutiva única no xénero Argonauta.Naef, A. (1923): "Die Cephalopoden, Systematik". Fauna Flora Golf. Napoli 35 (1): 1–863. Taxonomía Descrición A familia foi descrita en 1841 polo zoólogo belga, especializado no estudo da bioloxía mariña, François Joseph Cantraine, no seu traballo máis famoso, "Malacologie méditerranéenne et littorale, ou description des mollusques qui vivent dans la Méditerranée ou sur le continent de l'Italie, ainsi que des coquilles qui se trouvent dans les terrains tertiaires italiens; avec des observations sur leur anatomie, leurs moeurs, leur analogie et leur gisement", en Nouveaux mémoires de l’Académie Royale des Sciences et Belles-Lettres de Bruxelles, t. 13, Bruxelles: M. Hayez, 1841, p. 1-176.

Etimoloxía O termo Argonauta deriva do nome dos argonautas,argonauta1 no diconario da RAG. (en grego antigo Ἀργοναύται Argonaýtai), un grupo de heroes da mitoloxía grega que, en anos anteriores á guerra de Troia, acompañaran a Xasón á Cólquida, na busca do vélaro de ouro. Este nome procede, á súa vez, do nome da súa nave, a Argo (en grego antigo Ἀργώ Argó), que fora designada así en honra do seu construtor; de xeito que, literalmente, argonautas significa "mariñeiros do Argo".

Xéneros extintos †Izumonauta †Kapal †Mizuhobaris †Obinautilus

Especies actuais Na acualidade recoñécense as especies seguintes:

Xénero Argonauta Linnaeus, 1758 Argonauta argo Linnaeus, 1758 Argonauta hians Lightfoot, 1786 Argonauta nodosus Lightfoot, 1786 Argonauta nouryi Lorois, 1852

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Felley, J., Vecchione, M., Roper, C. F. E., Sweeney, M. & Christensen, T. (2001-2003): Current Classification of Recent Cephalopoda. National Museum of Natural History: Department of Systematic Biology: Invertebrate Zoology: Cephalopods Nixon, Marion & John Z. Young (2003): The brains and lives of Cephalopods. Oxford University Press. ISBN 0-19-852761-6. Norman M. D.; Finn J. K. & Hochberg F. G. (2014): "Family Octopodidae". In P. Jereb, C. F. E. Roper, M. D. Norman & J. K. Finn (eds). Cephalopods of the world. An annotated and illustrated catalogue of cephalopod species known to date. Volume 3. Octopods and vampire Squids. FAO Species Catalogue for Fishery Purposes. Rome, FAO. 4 (3): 36-215. Strugnell J. M., Norman M. D., Vecchione M., Guzik, M. & Allcock A. L. (2014): "The ink sac clouds octopod evolutionary history". Hydrobiologia 725: 215-235. Vaught, K. C. (1989): A classification of the living Mollusca'', American Malacologists, Melbourne, FL (USA). ISBN 0-9158-2622-4.

Outros artigos

Moluscos Cefalópodos Octópodos Incirrinos Argonautoideos Argonauta (xénero)

Ligazóns externas

Argonautidae na ADW. Argonautidae na EOL. Argonautidae no Tree of Life. Argonautidae no SIIT. Especies de Argonauta na UICN. Argonautidae Tryon, 1879 en Fossilworks.

Categoría:Cefalópodos