A Cidade Xardín é un barrio da cidade da Coruña. Foi deseñada segundo o exemplo das cidades xardín concibido polo inglés Ebenezer Howard, con vivendas unifamiliares e chalés.

Historia miniatura|150px|Situación da Cidade Xardín da Coruña.|esquerdaA Cidade Xardín foi creada ao abeiro da Lei das Casas Baratas, que daba pulo á construción de colonias de obreiros, aínda que en moitos casos acabaron convertidas en vivendas para as clases acomodadas.

A Cidade Xardín foi impulsada por un grupo de cidadáns reunido no Círculo de Artesáns en novembro de 1921. A Sociedade estaba formada por Luís Cornide Quiroga, Canuto Berea Rodríguez, José Agudín Aspe, Francisco Vázquez Lens, José Piñeiro Vázquez, Gabriel López Companioni, Eduardo Rodríguez-Losada, Jacobo Correa Oliver, Ricardo Pernas Varela e Manuel Fernández Morales, que presentaron o proxecto dirixido por Eduardo Rodríguez-Losada.

O grupo, cun capital dun millón de pesetas meteulle presión ao Concello para comezar deseguido a urbanización nunha área que no proxecto do Segundo Ensanche se definía como parque. Os promotores xustificaron a súa supresión pola suposta necesidade de novas vivendas e porque xa se decidira a creación do Parque de Joaquín Costa nas súas proximidades. Nun ano constrúense catorce chalés e en 1923 constituíronse nunha compañía co nome de Sociedad Coruñesa de Urbanización SA. A finais da década a Cidade Xardín xa estaba formada por máis de corenta chalés, dous edificios destinados ao ensino e un observatorio meteorolóxico. As casas custaban unha media de 40 000 pesetas.

A sociedade asinou en 1935 un contrato coa Sociedad Cooperativa Domus para a construción de trinta vivendas máis na zona, que se remataron en 1937. En 1953 disolveuse a sociedade.

Outros proxectos similares A partir da Lei das Casas Baratas propuxéronse outros proxectos de urbanizacións nesa época. Construíronse as casas do Campo de Marte, mais non se chegou a realizar o proxecto presentado por Antonio Tenreiro, Peregrín Estellés e Pedro Mariño da Cidade Satélite Concepción Arenal (1930), situada na península da Torre e que acollería cinco mil habitantes. A indecisión ante os problemas da intensidade dos ventos da zona retardou a súa posta en marcha ata o seu esquecemento ao coincidir coa Guerra Civil.

Arquitectura Entre os edificios da Cidade Xardín destacan:Plan Xeral – Cidade Xardín O colexio Compañía de María, de Leoncio Bescansa (1917), de inspiración neogótica. As vivendas apareadas deseñadas por Santiago Rey Pedreira en 1935. A “Villa Felisa”, de Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón (1924). Do mesmo arquitecto é o antigo Sanatorio do Socorro (1926). Tres edificios de Rafael González Villar, o número 3 da avenida da Habana (1930), o “Chalé Companioni”, no número 25 da mesma avenida (1912), e especialmente a “Villa Molina”, de 1928, de estilo art déco.

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Club Deportivo Ciudad Jardín Ligazóns externas Imaxes no blog Cámara en ristre

Categoría:Barrios da Coruña