La corona partida é unha película española de drama histórico do ano 2016 dirixida por Jordi Frades e protagonizada por Irene Escolar, Raúl Mérida, Rodolfo Sancho e José Coronado, entre outros. É a secuela da serie de televisión Isabel e a precuela da serie de televisión Carlos, Rey Emperador.

Sinopse Trala morte de Isabel, Fernando o Católico e Filipe o Fermoso enfróntanse polo poder. Xoana, a lexítima herdeira ao trono, é vítima desta situación e a todos interésalles demostrar a súa tolemia e incapacidade para gobernar.

Elenco Rodolfo Sancho - Fernando o Católico Irene Escolar - Xoana I de Castela Raúl Mérida - Filipe o Fermoso Eusebio Poncela - Cardeal Cisneros Ramón Madaula - Gonzalo Chacón Jordi Díaz - Andrés de Cabrera Fernando Guillén Cuervo - Fuensalida Úrsula Corberó - Margarida de Austria José Coronado - Maximiliano de Habsburgo Silvia Alonso - Xermana de Foix Pedro Mari Sánchez - Duque de Nájera Ramón Barea - Duque de Alba Fernando Cayo - Veyré Jacobo Dicenta - Juan Belmonte Jesús Noguero - Duque de Benavente Ainhoa Santamaria - Beatriz de Bobadilla

Notas

Véxase tamén Outros artigos Isabel Carlos, Rey Emperador

Ligazóns externas Reportaxe de La 2 de TVE sobre La corona partida

Categoría:Filmes de 2016 Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes históricos