Robert Mulligan, nado en Nova York o 23 de agosto de 1925 e finado en Lyme (Connecticut) o 20 de decembro de 2008 foi un director de cinema e televisión estadounidense.
Traxectoria Mulligan estudou na Universidade de Fordham antes de servir como marine durante a segunda guerra mundial. Ao rematar a guerra conseguiu traballo no departamento editorial de The New York Times, mais deixouno para facer unha carreira na televisión.
Empregado pola CBS, comezou como mensaxeiro, aprendendo o oficio, e en 1948 xa dirixía programas importantes.
Debutou no cinema en 1957 con Fear Strikes Out, con Anthony Perkins. A principios da década de 1960 o seu colaborador Alan J. Pakula propúxolle dirixir To Kill a Mockingbird (1962), baseado na novela de Harper Lee.
En 1971 logrou un grande éxito comercial con Verán do 42, mais a partir da década de 1980 resultoulle máis complicado atopar traballo. O seu último filme foi Verán en Louisiana (1991), protagonizado pola debutante Reese Witherspoon.
Filmografía Fear Strikes Out (1957) The Rat Race (1960) Cando chegue setembro (1961) The Great Impostor (1961) To Kill a Mockingbird (1962) The Spiral Road (1962) Love with the Proper Stranger (1963) A intimidade de Margarida Clover (1965) Baby the Rain Must Fall (1965) Up the Down Staircase (1967) A noite dos xigantes (1969) Verán do 42 (1971) Á procura da felicidade (1971) The Other (1972) The Nickel Ride (1974) Bloodbrothers (1978) Same Time, Next Year (1978) Kiss Me Goodbye (1982) Clara's Heart (1988) Verán en Louisiana (1991)
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados no Bronx Categoría:Nados en 1925 Categoría:Finados en 2008