Arturo Franco Taboada, nado na Coruña en 1945, é un arquitecto galego.
Traxectoria Obtivo o título de arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid e doutorouse cum laude pola Universidade de Santiago de Compostela coa súa tese "La Evolución de los Espacios públicos europeos".
Premios Como arquitecto gañou o Premio Internacional Puente de Alcántara pola súa obra do Centro de Control de Túneles de Pedrafita do Cebreiro e o X Premio COAG de ArquitecturaX Premio COAG de Arquitectura www.coag.es. en 2002. Tamén conseguiu o primeiro premio do concurso do Concello da Coruña pola obra da Casa Museo de María Pita e unha mención honorífica do VI Premio Julio Galán Carvajal de 2003 pola obra Refuxio en Redes. Foi finalista nos premios Aplus de arquitectura polo edificio para as novas oficinas do Ministerio de Fomento da Coruña.Premios Aplus 2011 de Arquitectura www.scalae.net.Finalistas Premios A+ 2011 www.viaconbstruccion.com.
Práctica docente É profesor titular da Universidade da Coruña e ten impartido cursos e dado conferencias noutras universidades internacionais (Universidade Luterana do Brasil, Pontificia Universidade Católica Madre y Maestra, Bremen,Antecedentes, principales tendencias y proyectos de la arquitectura española contemporánea (Bremen) Hamburgo ou Kiel).
Publicacións En 1993 foi un dos cinco finalistas do Premio Planeta coa súa primeira novela, El Legado del Obispo Nigromante.Finalista Premio Planeta www.lavozdegalicia.es. É autor ademais de Los Orígenes de Compostela e La Catedral del Fin del Mundo, publicados na Editorial Antilia SL.
Tamén é autor de títulos como Voces de la ciudadVoces de la Ciudad www.google.es. (Ediciós do Castro) e Fragmentos renacentistas - Teatro Urbano. Dos ensayos gráficosFragmentos Renacentistas www.google.es. (Universidade da Coruña).
Escribiu numerosos artigos para revistas especializadas, prensa e relatos, entre os que destaca "Kemal Bazin, el peregrino" e "Allá en el noroeste…"."Allá en el noroeste..." www.gbv.de. Fixo colaboracións en ABCABC celebra con España y los españoles su número 35.000 www.abc.es. e diversos periódicos españois.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Página web
Categoría:Arquitectos de Galicia do século XX Categoría:Arquitectos de Galicia do século XXI Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1945 Categoría:Premio COAG de Arquitectura