Xosé Francisco Armesto Faginas, nado en Tui o 5 de outubro de 1945 e finado en Vigo o 3 de novembro de 2006, foi un escritor e xornalista galego.
Traxectoria Formado na Escuela Oficial de Periodismo de Madrid, licenciouse despois en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid. Tamén estudou historia, doutorándose en Historia Contemporánea Española. Empezou traballando con colaboracións nos diarios madrileños (Pueblo e Madrid). De volta a Galicia, traballou como correspondente do diario catalán La Vanguardia, redactor en El Pueblo Gallego, La Voz de Galicia e Faro de Vigo, do que foi nomeado director en 1978 en substitución de Xosé Landeira Yrago. Deixou a dirección de Faro de Vigo en 1986 e foi substituído por Ceferino de Blas. Foi o primeiro director de El Pope (1973).
Foi director do Museo de Castrelos e da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo.
Obra Cunqueiro. Unha biografía (Edicións Xerais, 1987) Baiona (Ir Indo, 1992; con Manuel González Vicente) Vigo. Pasión atlántica / paixón atlántica (2001) Vigo. Hospital Xeral. 50 aniversario (1955-2005) (Concello de Vigo, 2005)
Recoñecementos Premio da Crítica de Galicia en 1988 Finalista no Premio Nacional de Ensaio en España en 1988.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Xornalistas de Tui Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Tui Categoría:Nados en 1945 Categoría:Finados en 2006 Categoría:Faro de Vigo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Vigueses distinguidos