Ramón Rodríguez-Somoza López, nado en Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) en 1899 e finado en Santiago de Compostela o 22 de outubro de 1994Necrolóxica en La Voz de Galicia, 23-10-1994, p. 82., foi un reputado médico neuropsiquiatra galego.

Traxectoria miniatura|300px|19 de xuño de 1932. Nesta foto de grupo aparecen, entre outros: Ramón Villar Ponte, Fernández del Riego, Antón Villar Ponte, Plácido Castro, Otero Pedrayo, Ramón Rodríguez Somoza, Manuel Beiras, Manuel Lugrís, Castelao, Suárez Picallo, Carlos Maside e Alexandre Bóveda. Estudou Medicina a Madrid. Realizou traballos no Instituto de Investigacións Biolóxicas dende 1924. A súa tese de doutoramento La histopatología de la parálisis agitante cerebral foi dirixida por Santiago Ramón y Cajal. En Madrid formou parte dun grupo chamado Celta ("Mocedade Céltiga"). Optou pola psiquiatría e en 1926 a Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas concedeulle unha bolsa de case catro anos para ir a Alemaña a ampliar coñecementos en Neuroanatomía patolóxica e Histopatoloxía psiquiátrica. Á volta traballou en Madrid con Rodríguez Lafora. Despois marchou a Compostela, onde dirixiu o Sanatorio de Conxo dende 1932. Dirixiu este centro ata a súa xubilación en 1969. Socio do Seminario de Estudos Galegos, mantivo amizade cos líderes do Partido Galeguista Castelao, Valentín Paz-Andrade, Ramón Otero Pedrayo e Alexandre Bóveda, e con Francisco Fernández del Riego. Foi un dos profesionais e intelectuais asinantes do manifesto a prol do Estatuto, en febreiro de 1933.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Simón-Lorda, David (2011). "Algunas cosas nuevas -y viejas- sobre la historia del Manicomio de Conxo-Santiago de Compostela (en el 125 aniversario de su apertura) " diariodeunmedicodeguardia.blogspot.com

Categoría:Médicos de Lourenzá Categoría:Nados en Lourenzá Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1994