Pablo Echenique Robba, nado en Rosario (Arxentina) o 28 de agosto de 1978, é un científico e político español, de orixe arxentina, que ostenta a dobre nacionalidade española e arxentina. En 2015, foi elixido secretario xeral de Podemos en Aragón e, en 2016, secretario de Organización de Podemos en España. Nas eleccións europeas de 2014 foi elixido eurodeputado pola formación política Podemos. Actualmente é deputado nas Cortes Xerais, logo de ter sido elixido nas eleccións xenerais de 2019.
Traxectoria Mudouse a Aragón cando tiña 13 anos e estabeleceuse en Zaragoza coa súa nai Irma e a súa irmá Analía. Sofre atrofia muscular espiñal —unha doenza hereditaria e dexenerativa— dende que era pequeno.Materia, consultado 4/12/2015 Por mor diso, ten unha discapacidade do 88 % e móvese en cadeira de rodas. A súa discapacidade foi unha das razóns polas que a súa familia emigrou a Aragón na procura de maiores oportunidades. O 9 de agosto de 2012 casou con María Alejandra Nelo Bazán, venezolana á que coñeceu na universidade cando ela estudaba o doutoramento.
Traxectoria científica Echenique licenciouse en Ciencias Físicas no 2002 e obtivo o doutoramento na Universidade de Zaragoza no 2006 coa tese A bottom up physical approach from small peptides to proteins.Universidade de Zaragoza consultado 4/12/2015 Investigou cunha bolsa posdoutoral no Instituto de Biocomputación e Física de Sistemas Complexos da Universidade de Zaragoza. No 2008, obtivo o premio "Romper Barreras" pola adaptación do seu despacho na universidade.Heraldo de Aragón consultado 4/12/2015 Dende 2009, é científico titular do CSIC no Instituto de Química Física Rocasolano. Tamén é colaborador extraordinario do departamento de Física Teórica da Universidade de Zaragoza.
Traxectoria política Durante un breve período, estivo afiliado a Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía. Logo da fundación de Podemos en xaneiro de 2014, Pablo Echenique uniuse ó novo partido,heraldo.es consultado 4/12/2015 participando na creación do Círculo Discapacidade,eldiario.es consultado 4/12/2015 e presentándose como candidato nas primarias para elixir a lista nas eleccións europeas.youtube consultado 4/12/2015 Os resultados deron a Podemos cinco cadeiras, grazas ó cal Echenique foi elixido eurodeputado.Ficha do Parlamento Europeo consultado 4/12/2015 En febreiro de 2015, foi elixido primeiro Secretario Xeral de Podemos en Aragón en primarias abertas e é deputado nas Cortes de Aragón dende o 18 de xuño de 2015. En outubro de 2017, foi substituído na secretaría xeral de Podemos-Aragón por Nacho Escartín.
En 2017 a Inspección de Traballo impúxolle unha multa de 3.126 euros por non dar de alta a un asistente, 2.000 polas cotas defraudadas á Seguridade Social e 1.470 máis de recargas.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Pablo Echenique Robba, na páxina oficial de Transparencia de Podemos. Blog "De retrones y hombres". Eldiario.es. Ficha no Parlamento Europeo.
Categoría:Políticos de Podemos Categoría:Nados en Rosario Categoría:Nados en 1978 Categoría:CSIC Categoría:Científicos da Arxentina Categoría:Científicos de España Categoría:Alumnos da Universidade de Zaragoza Categoría:Europarlamentarios de España (2014-2019) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XIV Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XIII Lexislatura)