miniatura|dereita|Localización de Borgund en Noruega. Borgund é unha vila e antigo concello do condado de Sogn og Fjordane, en Noruega. Dende 1964 pertence ao concello de Lærdal. A vila limita coa estrada europea E16 e atópase a uns 20 km ao sur da vila de Lærdalsøyri. Ten unha superficie de 635 km² e está a 404 msnm.
Toponimia Borgund procede do noruegués antigo Borgyndr. O nome deriva da antiga palabra borg, que significa "fortificación".
Historia En 1864 Borgund separouse de Lærdal, acadando a categoría de concello independente. No momento da súa creación tiña unha poboación de 963 habitantes. Porén, o 1 de xaneiro de 1964, Borgund (cunha poboación de 492 persoas), unha pequena parte do concello de Årdal e o antigo Lærdal uníronse para crear o actual concello de Lærdal.
Patrimonio Na vila atópase a igrexa de madeira de Borgund, unha stavkirke que data do século XII e que hoxe en día é un museo. Ao seu carón está a nova igrexa de Borgund, que substituíu a anterior en 1868.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Información meteorolóxica de Borgund
Categoría:Concellos de Noruega