A lingua zazaki, tamén chamada zaza, kirmanjki, kirdki e dimli, é unha lingua indoeuropea falada principalmente no leste de Turquía polos zazas. A lingua forma parte do grupo occidental das linguas iranias, e pertence ó grupo dialéctico zaza–gorani.Encyclopædia Iranica Con todo, as linguas conservaron moitas isoglosas que os separan dos dialectos da rexión do Caspio meridional, e a súa asignación correspóndese claramente co grupo de dialectos do Caspio do iranio do noroeste. O zazaki comparte moitos trazos, estruturas e vocabulario co gorani. O zazaki tamén ten algunhas semellanzas co talysh e outras linguas caspias. Segundo o Ethnologue (que cita [Paul 1998]), o número de falantes está entre 1,5 e 2,5 millóns (incluíndo todos os dialectos). Segundo Nevins, o número está entre 2 e 4 millóns. O zazaki está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Wikipedia en zazaki Ligazóns externas Pobo zaza e literatura zazaki Novas, artigos e columnas (só en zazaki) Novas, contos e curso de gramática (só en zazaki) Novas, artigos e cidade Bingöl (só en zazaki) Centro de Zazaki

Categoría:Linguas indoarias Categoría:Linguas de Turquía