Ørsted, tamén coñecido como Orsted ou Oersted e bautizado así en honor do físico danés Hans Christian Ørsted, é un satélite artificial lanzado o 23 de febreiro de 1999 mediante un foguete Delta 7920 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea dos Estados Unidos en Santa Bárbara, California.

Características A misión de Oersted foi estudar con alta precisión e sensibilidade o campo magnético terrestre e a contorna de partículas cargadas que rodean a Terra.

Oersted foi lanzado como carga secundaria nunha órbita case sincrónica solar. Estabilizábase mediante gradente gravitatorio grazas a un mastro de oito metros de lonxitude, mentres que o control de actitude se conseguía grazas a tres torques magnéticos. Os datos gardábanse nunha memoria interna de 16 MB de capacidade.

O satélite dedicouse a dous campos principais: analizar como se xera o campo magnético no núcleo terrestre e como se comporta o plasma na magnetosfera.

Instrumentos

Oersted levaba a bordo dous magnetómetros, unha cámara de estrelas para determinar a súa actitude, un detector de partículas de estado sólido e un receptor GPS.

Notas

Categoría:Satélites artificiais