Esta é unha listaxe de persoas de sona que finaron ao longo de 2016. Primeiro lístanse as personalidades internacionais, e a continuación as personalidades galegas, ordenadas por data de falecemento. A lista recolle, por esta orde, data de falecemento, nome, idade ao falecer, profesión ou motivo de sona, nacionalidade de orixe e causa da morte.

Para unha listaxe non ordenada, véxase a categoría "Finados en 2016".

Personalidades internacionais

Xaneiro miniatura|David Bowie finou con 69 anos. 1 de xaneiro, Vilmos Zsigmond, 85 anos, director de fotografía húngaro, Oscar en 1977. 2 de xaneiro, Michel Delpech, 69 anos, cantante francés, cancro de gorxa e de lingua. 3 de xaneiro, Paul Bley, 83 anos, pianista de jazz canadense, causas naturais. 6 de xaneiro, Pierre Boulez, 90 anos, compositor francés. 6 de xaneiro, Silvana Pampanini, 90 anos, actriz italiana. 6 de xaneiro, Nivaria Tejera, 86 anos, poeta cubana, cancro de páncreas. 6 de xaneiro, Christy O'Connor, 67 anos, golfista irlandés. 7 de xaneiro, André Courrèges, 92 anos, xastre e deseñador de moda francés, párkinson. 7 de xaneiro, Ashraf Pahlevi, 96 anos, irmá do xá de Irán. 9 de xaneiro, Maria Teresa de Filippis, 89 anos, piloto de Fórmula 1 italiana, a primeira muller en disputar un Gran Premio. 9 de xaneiro, Angus Scrimm, 89 anos, actor de filmes de terror estadounidense. 10 de xaneiro, David Bowie, 69 anos, cantante británico, figura da cultura pop, cancro de fígado. 13 de xaneiro, Ignacio Salas, 70 anos, presentador de televisión español, cancro. 14 de xaneiro, Alan Rickman, 69 anos, actor de cinema, teatro e televisión inglés, cancro. 14 de xaneiro, Franco Citti, 80 anos, actor de cinema italiano. 18 de xaneiro, Michel Tournier, 91 anos, novelista francés. 18 de xaneiro, António Almeida Santos, 89, político portugués, presidente de honra do Partido Socialista luso. 19 de xaneiro, Glenn Frey, 67 anos, guitarrista de The Eagles, complicacións derivadas de artrite reumatoide, colite e pneumonía. 20 de xaneiro, Ettore Scola, 83 anos, director de cinema italiano.. 23 de xaneiro, Francisco Rubio Llorente, 85 anos, xurista español, expresidente do Consello de Estado, infarto. 24 de xaneiro, Fredrik Barth, 87 anos, antropólogo noruegués. 26 de xaneiro, Abe Vigoda, 94 anos, actor estadounidense, causas naturais. 29 de xaneiro, Jacques Rivette, 87 anos, director de cinema francés, alzheimer. 30 de xaneiro, Francisco Flores, 56 anos, antigo presidente do Salvador, derramo cerebral. 31 de xaneiro, Terry Wogan, 77 anos, presentador de radio e televisión, e xornalista musical británico, cancro. 31 de xaneiro, Benoît Violier, 44 anos, cociñeiro suízo, considerado o mellor chef do mundo, suicidio con arma de fogo.

Febreiro miniatura|Umberto Eco finou con 84 anos. 2 de febreiro, José Luis y su guitarra, actor e cantante andaluz. 4 de febreiro, David Mirra, 41 anos, ciclista de BMX estadounidense, suicidio con arma de fogo. 4 de febreiro, Maurice White, 74 anos, cantante estadounidense e líder do grupo de R&B Earth, Wind & Fire, parkinson. 4 de febreiro, Edgar Mitchell, astronauta estadounidense. 5 de febreiro, Edgar Mitchell, 85 anos, astronauta do Apolo 14.. 9 de febreiro, Sushil Koirala, 77 anos, ex primeiro ministro do Nepal, pneumonía. 13 de febreiro, Trifon Ivanov, 50 anos, futbolista internacional da selección búlgara, infarto. 14 de febreiro, Muriel Casals, 70 anos, antiga presidenta de Òmnium Cultural e deputada no Parlamento de Cataluña, lesións recibidas logo de ser atropelada por un ciclista. 15 de febreiro, George Gaynes, 98 anos, actor de cinema e televisión estadounidense. 16 de febreiro, Butros Butros-Ghali, 93 anos, político exipcio, antigo secretario xeral das Nacións Unidas, como consecuencia dunha rotura da pelve. 17 de febreiro, Andrzej Zulawski, 75 anos, director de cinema polaco, cancro. 19 de febreiro, Tamerlan Aguzarov, 53 anos, líder (presidente) da república de Osetia do Norte-Alania, pneumonía. 19 de febreiro, Harper Lee, 89 anos, escritora estadounidense, autora de To Kill a Mockingbird. 19 de febreiro, Umberto Eco, 84 anos, escritor e semiólogo italiano, cancro. 20 de febreiro, Nando Yosu, 76 anos, exfutbolista e adestrador de fútbol español, vinculado especialmente ao Racing de Santander, alzheimer. 22 de febreiro, Alberto Rojas, alcumado El Caballo, 72 anos, actor de cinema mexicano, cancro de vexiga. 23 de febreiro, Ramón Castro, político galego-cubano, 91 anos, irmán de Fidel e de Raúl Castro. 23 de febreiro, Kupido, 62 anos, cantante surafricano. 23 de febreiro, Donald E. Williams, 76 anos, astronauta estadounidense. 25 de febreiro, François Dupeyron, 66 anos, director de cinema francés, tumor cerebral. 28 de febreiro, George Kennedy, 91 anos, actor de cinema estadounidense.

Marzo 2 de marzo, Enrique Loewe, 103 anos, empresario español, que dirixiu a empresa familiar Loewe durante varias décadas.

3 de marzo, Berta Cáceres, 43 anos, líder ambientalista hondureña, asasinada con arma de fogo. 4 de marzo, Pat Conroy, 70 anos, novelista estadounidense autor de The Prince of Tides, cancro de páncreas. 5 de marzo, Antoni Asunción, 64 anos, ministro de Interior español en 1994. 5 de marzo, Ray Tomlinson, 74 anos, programador informático estadounidense, inventor do correo electrónico, infarto.. 5 de marzo, Nikolaus Harnoncourt, 86 anos, director de orquestra austríaco. 6 de marzo, Nancy Reagan, 94 anos, actriz, política e primeira dama dos Estados Unidos, crise cardíaca. 6 de marzo, Gaspar Rosety, 57 anos, xornalista deportivo español, hemorraxia cerebral como consecuencia dunha caída.. 8 de marzo, George Martin, 90 anos, produtor musical británico, responsable de boa parte dos arranxos dos Beatles.. 9 de marzo, Naná Vasconcelos, 71 anos, percusionista brasileiro, cancro de pulmón. 9 de marzo, Clyde Lovellette, 86 anos, xogador de Baloncesto estadounidense medallista de ouro nos Xogos de Helsinqui, cancro. 10 de marzo, Roberto Perfumo, 73 anos, futbolista internacional arxentino, caída polas escaleiras como consecuencia dun aneurisma. 10 de marzo, Keith Emerson, 71 anos, compositor estadounidense de rock progresivo, membro de Emerson, Lake & Palmer, suicidio con arma de fogo. 12 de marzo, Lloyd Shapley, 92 anos, matemático e premio Nobel de Economía en 2012. 13 de marzo, Hilary Putnam, 89 anos, filósofo estadounidense. 14 de marzo, Peter Maxwell Davies, 81 anos, compositor de música clásica contemporánea, leucemia. 17 de marzo, Paul Daniels, 77 anos, mago e actor británico, tumor cerebral. 17 de marzo, Josep Maria Ballarín, 96 anos, crego e escritor catalán. 18 de marzo, Guido Westerwelle, 54 anos, político alemán, antigo ministro de Exteriores, leucemia. 20 de marzo, Carles Flavià, 70 anos, actor e presentador español, cancro. 21 de marzo, Ricardo Larraín, 59 anos, director de cinema chileno, linfoma non hodgkiniano. 21 de marzo, Andrew Grove, empresario e enxeñeiro húngaro nacionalizado estadounidense. 24 de marzo, Johan Cruyff, adestrador e exfutbolista neerlandés ligado ao F.C. Barcelona, cancro de pulmón. 29 de marzo, Patty Duke, actriz estadounidense, sepse como consecuencia dunha ruptura intestinal. 31 de marzo, Imre Kertész, 86 anos, escritor húngaro. 31 de marzo, Ronnie Corbet, 85 anos, actor cómico británico. 31 de marzo, Zaha Hadid, 65 anos, arquitecta anglo-iraquí, infarto como consecuencia do tratamento dunha bronquite.

Abril 1 de abril, Hans Dietrich Genscher, 89 anos, político alemán, ministro de exteriores liberal, crise cardíaca. 1 de abril, Douglas Wilmer, 96 anos, actor británico, coñecido por interpretar a Sherlock Holmes. 3 de abril, Gato Barbieri, 83 anos, saxofonista arxentino, pneumonía. 3 de abril, Cesare Maldini, 84 anos, antigo futbolista e adestrador de fútbol italiano. 3 de abril, Koji Wada, 42 anos, músico e cantante de pop-rock xaponés, cancro de cabeza e pescozo. 3 de abril, Lars Gutsafsson, 79 anos, novelista sueco. 4 de abril, Manolo Tena, 64 anos, cantante español de pop, cancro de fígado. 4 de abril, Chus Lampreave‎, 85 anos, actriz española. 11 de abril, Shangay Lily, 53 anos, drag-queen e activista español. 11 de abril, Tomaž Pandur, 53 anos, director teatral esloveno, infarto. 13 de abril, Mariano Mores, 98 anos, pianista arxentino de tango. 19 de abril, Patricio Aylwin, 97 anos, primeiro presidente democrático de Chile dende a ditadura militar de Augusto Pinochet. 19 de abril, Walter Kohn, 93 anos, físico e químico estadounidense, que obtivo o Premio Nobel de Química en 1998, cancro de mandíbula. 21 de abril, Prince, 57 anos, cantante de pop e rock estadounidense, sobredose. 24 de abril, Billy Paul, 81 anos, cantante de soul estadounidense, cancro de páncreas. 24 de abril, Papa Wemba, 66 anos, cantante e compositor congolés de soukous, infarto durante un concerto. 28 de abril, Jenny Diski, 68 anos, novelista británica, cancro de pulmón.

Maio 7 de maio, Pep Subirós, filósofo e escritor español. 20 de maio, Miguel de la Quadra-Salcedo, 84 anos, reporteiro, promotor cultural e atleta español. 26 de maio, Jean-Claude Decaux, 78 anos, publicista e empresario francés, dono da multinacional JC Decaux. 30 de maio, Erkin Vohidov, 69 anos, poeta e dramaturgo uzbeko. 31 de maio, Mohamed Abdelaziz, 68 anos, presidente do Sáhara Occidental, cancro. 31 de maio, Antonio Imbert Barrera, 95 anos, militar e político da República Dominicana, presidente do país na década de 1960.

Xuño 3 de xuño, Muhammad Ali, 74 anos, boxeador estadounidense, infección respiratoria complicada con párkinson. 3 de xuño, Luis Salom, 24 anos, piloto de motociclismo español, accidente de moto. 6 de xuño, Viktor Korchnoi, 85 anos, gran mestre de xadrez ruso. 8 de xuño, Pedro Costa Musté, 74 anos, produtor de cinema e televisión español. 19 de xuño, Anton Yelchin, 27 anos, actor de cinema estadounidense, esmagado polo propio coche. 20 de xuño, Chayito Valdez, 71 anos, cantante popular mexicana. 27 de xuño, Bud Spencer, 86 anos, actor italiano de cinema. 27 de xuño, Alvin Toffler, 87 anos, escritor estadounidense de ciencia ficción futurista. 27 de xuño, Ángel Nadal, 86 anos, debuxante de banda deseñada español, pai entre outros de Casildo Calasparra. 30 de xuño, Juan Carmona, chamado Habichuela, 83 anos, guitarrista flamenco español.

Xullo 2 de xullo, Michael Cimino, 77 anos, director de cinema estadounidense. 2 de xullo, Elie Wiesel, 87 anos, escritor romanés supervivente do Holocausto, Premio Nobel da Paz en 1986. 2 de xullo, Michel Rocard, 85 anos, antigo primeiro ministro francés. 4 de xullo, Abbas Kiarostami, 76 anos, director de cinema iraniano, cancro gastrointestinal. 11 de xullo, Emma Cohen. 69 anos, actriz e escritora española, cancro. 13 de xullo, Juan Peña, chamado El Lebrijano, 75 anos, cantaor de flamenco español, problemas cardíacos. 13 de xullo, Bernardo Provenzano, 83 anos, criminal italiano, xefe da mafia siciliana, cancro de vexiga. 14 de xullo, Hector Babenco, 70 anos, cineasta brasileiro, complicacións dunha sinusite. 14 de xullo, Péter Esterházy, 63 anos, novelista húngaro, cancro de páncreas. 15 de xullo, José Monleón, 89 anos, dramaturgo español. 16 de xullo, Nate Thurmond, 74 anos, xogador de baloncesto estadounidense do Golden State Warriors, leucemia. 16 de xullo, Alan Vega, 78 anos, músico e vocalista estadounidense do grupo Suicide, causas naturais. 20 de xullo, Garry Marshall, 81 anos, director de cinema e televisión estadounidense, pneumonía 21 de xullo, Luc Hoffmann, 93 anos, ornitólogo e filántropo suízo, cofundador de WWF. 27 de xullo, Einojuhani Rautavaara, 87 anos, compositor finlandés, complicacións logo dunha cirurxía de cadeira. 30 de xullo, José Menese, 74 anos, cantaor flamenco, infarto.

Agosto 7 de agosto, Gustavo Bueno, 91 anos, filósofo español. 13 de agosto, Françoise Mallet-Joris, 86 anos, novelista belga.