O Distrito Histórico de Pleasant Street é un distrito histórico dos Estados Unidos (designado como tal o 20 de abril de 1989Referencia NRHP ) localizado en Gainesville, Florida. Abarca aproximadamente 3,1 km², estando delimitado polas Northwest 8th Avenue, Northwest 1st Street, Northwest 2nd Avenue e Northwest 6th Street. Abrangue dentro do seu perímetro un total de 259 edificios históricos.
No ano 1984 fundouse unha asociación chamada Pleasant Street Historic Society (Sociedade Histórica de Pleasant Street), que naceu coa intención de preservar, promover e protexer ao barrio ou distrito de Pleasant Street, investigando a súa historia, eventos e persoeiros, e á historia afroamericana no Condado de AlachuaAbout us na páxina da sociedade . Outra das súas funcións é a de mellorar a comunicación entre os propietarios e a comunidade financeira, coa fin de incrementar o valor patrimonial do barrio. O seu pulo, e o doutras organizacións locais, deron lugar en 1989 á declaración do barrio como distrito histórico polo NRHPMap of the Pleasant Street Historic District no Alachua County Heritage Collection .
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Departamento de Programas Culturais e Históricos de Florida (Florida's Office of Cultural and Historical Programs) - Condado de Alachua Placas Históricas no Condado de Alachua (Historic Markers in Alachua County) Plano de 1984 do Distrito Histórico de Pleasant Street, publicado pola Pleasant Street Historic Society
Categoría:Cidades de Florida Categoría:Xeografía de Gainesville, Florida Categoría:Rexistro Nacional de Lugares Históricos en Florida Categoría:Distritos Históricos de Florida no Rexistro Nacional de Lugares Históricos