Josip Mlakić, nado en Bugojno (Bosnia e Hercegovina) o 24 de xaneiro de 1964Ficha en IMDB, é un escritor e guionista en lingua croata.

Traxectoria Formouse como enxeñeiro mecánico.

Mlakić publicou nove novelas e algunhas coleccións de relatos curtos. Os seus libros máis populares son Cando levanten as brétemasTraducido ao galego por Jairo Dorado Cadilla e publicado pola Editorial Hugin e Munin en 2015. (2001), Živi i mrtvi (2002), Tragom zmijske košuljice (2007) e Planet Friedman (2012). Case todas as súas obras foron adaptadas ao cinema. O argumento de Kad magle stanu serviu de base para os filmes Here, do director Zrinkio Oresta, e Živi i mrtvi, de Kristijan Milić premiado en varios festivais.

As súas obras foron traducidas a diversas linguas.Entrada do autor en CroatianLiterature.hr

Mlakić vive en Gornji Vakuf-Uskopolje.

Obra Puževa kućica (1997) Cando levanten as brétemas (Kad magle stanu) (2000) Živi i mrtvi,(2002) Odraz u vodi, (2002) Obiteljska slika, (2002) Ponoćno sivo, (2004) Oči androida,(2004) Psi i klaunovi,(2006) Tragom zmijske košuljice, (2007) Čuvari mostova, (2007) Ljudi koji su sadili drveće, (2010) Planet Friedman, (2013)

Notas

Véxase tamén Bibliografía MLAKIC, Josip. Kad magle stanu. ISBN 978-86-6397-013-7. (versión electrónica, 2014) MLAKIC, Josip. When The Fogs Lift. Trad. Ivan Struich. ISBN 978-86-6397-031-1 (versión electrónica, 2014)

Categoría:Nados en 1964 Categoría:Escritores de Bosnia e Hercegovina