miniatura|O Preste Xoán como Emperador de Etiopía, entronizado sobre un mapa de África oriental nun atlas para á raíña María I de Inglaterra, (British Library, 1558). O Preste Xoán (en latín Presbyter Johannes) é un rei e patriarca lendario cristián popular na cultura europea entre os s. XII e XVII. Dicíase que rexía unha nación de cristiáns nestorianos evanxelizados por San Tomé, perdida entre os musulmáns e pagáns de Oriente. Os relatos sobre el reúnen diversas fantasías medievais populares, que o fan descendente dos reis magos e soberano dun reino cheo de riquezas, marabillas e criaturas estrañas.

Primeiro imaxinouse que o Preste Xoán vivía na India; probablemente por influencia das historias sobre o éxito evanxelizador dos cristiáns nestorianos alí, e das viaxes do apóstolo Tomé polo subcontinente como as documentan obras como os Feitos de Tomé. Despois da chegada dos mongois a Occidente, os relatos localizaron o rei en Asia Central, e finalmente os exploradores portugueses convencéronse de acháreno en Etiopía, que fora cristiá xa desde o s. IV. O reino do Preste Xoán foi obxecto de busca, e excitou a imaxinación de xeracións de aventureiros, mais permaneceu inatinxible. Para os cristiáns europeos foi un símbolo da universalidade da Igrexa, que transcendía culturas e xeografía para abranguer toda a humanidade, nunha época na que as tensións interrelixiosas facían que tal perspectiva resultase distante.

Orixe da lenda miniatura|O Preste Xoán da Crónica de Nuremberg de Hartmann Schedel, 1493 Aínda que a xénese inmediata non está clara, a lenda do Preste Xoán baséase fortemente nas máis primitivas historias sobre Oriente e os seus viaxeiros occidentais. Particularmente influentes foron as historias do proselitismo do apóstolo San Tomé na India, rexistradas especialmente na obra do s. III coñecida como os Feitos de Tomé. Este texto inculcou nos occidentais unha imaxe da "India" como lugar de marabillas exóticas e ofreceu as primeiras descricións de San Tomé establecendo alí unha seita cristiá, motivos que influíron longamente sobre os relatos do Preste Xoán.Silverberg, pp. 17–18. De maneira similar, noticias distorsionadas da evolución da Igrexa oriental en Asia tamén deron forma á lenda. Esta igrexa, tamén chamada nestoriana e que tiña o seu centro en Persia, gañara moitos adeptos nas nacións orientais e capturou a imaxinación occidental como un conxunto de cristiáns á vez exótico e familiar.Silverberg, p. 20. Particularmente inspirador foi o éxito dos misioneiros nestorianos entre os mongois e os turcos de Asia Central; o historiador francés René Grousset suxire que unha das sementes da que xurdiu a historia talvez viñese do clan kerait, miles de cuxos membros se converteran ao cristianismo nestoriano pouco antes do ano 1000. Arredor do s. XII, os gobernantes kerait aínda adoitaban ter nomes cristiáns, o que alimentaría máis a lenda.Grousset, p. 191

Amais, a base da tradición talvez estea na escura figura do cristianismo primitivo Xoán o Presbítero de Siria, cuxa existencia é inferida por primeira vez polo bispo e historiador da Igrexa Eusebio de Cesarea baseándose nas súas lecturas dos primeiros padres da igrexa.Eusebius of Caesarea. Historia Ecclesiastica, III, xxxix, 4. Un documento di que este home sería o autor das Epístolas de Xoán,Segundo e Decretum_Gelasianum do século V. e supúñase que fora o mestre do bispo mártir Papías, que á súa vez ensinou o propio mestre de Eusebio, Ireneu de Lión. Porén, alén o nome, pouco vincula esta figura, presuntamente en actividade a finais do s. I, coa lenda do Preste Xoán.Silverberg, pp. 35–39.

As posteriores historias sobre o Preste Xoán beben claramente nos textos literarios sobre Oriente, incluíndo o gran corpus medieval de literatura de viaxes e xeografía. Colléronse detalles de historias literarias e pseudohistóricas, como o relato de Simbad o Mariñeiro.Silverberg, pp. 16, 49–50. Tivo especial influencia a novela de Alexandre, unha historia fabulosa sobre as conquistas de Alexandre Magno.Silverberg, pp. 46–48. Alén as devanditas fontes, a lenda comézase a difundir a principios do s. XII coa noticia de visitas dun arcebispo da India a Constantinopla, e dun patriarca da India a Roma na época do papa Calisto II (1119–1124).Silverberg, pp. 29–34. Non é posible confirmar estas visitas, aparentemente de cristiáns de San Tomé da India, pois as probas de ambas son informacións de segunda man. O que está comprobado é que o cronista alemán Odón de Frisinga informou no seu Chronicon de 1145 que o ano anterior atopouse cun tal Hugo, bispo de Xabala, Siria, na corte do papa Uxío III en Viterbo.Halsall, Paul (1997). "Otto of Freising: The Legend of Prester John" . Internet Medieval Sourcebook. Recobrada o 20 de xuño de 2005.Silverberg, pp. 3–7Bowden, p. 177 Hugo era un emisario do príncipe Raimundo de Antioquía que despois do Asedio de Edesa polos sarracenos procuraba axuda occidental, e o seu consello incitou a Uxío a convocar á Segunda Cruzada. El dixo a Odón, en presenza do papa, que o Preste Xoán, un cristián nestoriano á vez crego e rei, nunha gran batalla, "non hai moitos anos" recuperara dos irmáns Samiardi, monarcas dos medos e de Persia a cidade de Ecbatana. Despois o Preste Xoán presuntamente dirixiuse a Xerusalén a rescatar Terra Santa, mais a suba das augas do Tigris forzouno a retornar ao seu país. O seu cetro de esmeraldas demostraba a súa fabulosa riqueza; a súa descendencia dos reis magos, a súa santidade.Fertur enim iste de antiqua progenie illorum, quorum in Evangelio mentio fit, esse Magorum, eisdemque, quibus et isti, gentibus imperans, tanta gloria et habundancia frui, ut non nisi sceptro smaragdino uti dicatur ("Infórmase que é descendente daqueles magos antigos que son mencionados no Evanxeo, e que goberna sobre as mesmas nacións que eles, que goza de tal gloria e prosperidade que non usa máis cetro que un de esmeralda"). Odón de Freising, Historia de Duabus Civitatibus, 1146, en Friedrich Zarncke, Der Priester Johannes, Leipzig, Hirzel, 1879 (repr. Georg Olms Verlag, Hildesheim and New York, 1980, p.848; Adolf Hofmeister, Ottonis Episcopi Frisingensis Chronica; sive, Historia de Duabus Civitatibus, Hannover. 1912, p.366.

A historia de Odón parece estar mesturada con feitos reais. En 1141, o Khanato de Kara-Khitai baixo Yelü Dashi venceu os turcos selxúcidas preto de Samarcanda. Entón os selxúcidas gobernaban Persia e eran a maior potencia no mundo musulmán, e a derrota de Samarcanda debilitounos substancialmente. Os súbditos de Kara-Khitan nesa época eran budistas e non cristiáns, e non hai razón para supor que Yelü Dashi xamais fora chamado Preste Xoán. Porén, varios vasalos de Kara-Khitan eran cristiáns nestorianos, o que debeu contribuír á lenda,Silverberg, pp. 12–13 como tamén a posibilidade de que os europeos, non familiarizados co budismo, suporían que se o seu caudillo non era musulmán, sería cristián.Jackson, pp. 20–21 Calquera fose o caso, a derrota animou os Cruzados e inspirou unha esperanza de liberación desde Oriente, e é posible que Odón rexistrara a confusa información de Hugo para previr a compracencia dos patrocinadores europeos da Cruzada; de acordo con este relato, non se podía esperar axuda de ningún poderoso rei oriental.Silverberg, p. 8

Cartas do Preste Xoán Non hai máis rexistros da historia ata preto de 1165 cando copias dunha contrafeita Carta do Preste Xoán comezouse a espallar por toda Europa.Rossabi, p. 5 Un relato epistolar fabuloso con paralelos que suxiren que o seu autor coñecía a novela de Alexandre e os devanditos Feitos de Tomé, a Carta supostamente escrita para o emperador de Bizancio Manuel I Comneno (1143–1180) polo Preste Xoán, descendente dun dos tres reis magos e rei da India.Silverberg, pp. 40–73.Michael_Uebel, Ecstatic Transformation: On the Uses of Alterity in the Middle Ages, Palgrave/Macmillan (2005), contén unha tradución completa ao inglés e unha exposición sobre a Carta. As moitas riquezas e marabillas as que refire a carta captou a imaxinación dos europeos, e traduciuse a numerosas linguas, incluíndo o hebreo. Circulou en forma aínda máis adornada durante séculos en manuscritos, dos cales aínda existen uns cen exemplares . A invención da imprenta perpetuou a popularidade da carta; continuaba a ser corrente na cultura popular no período da exploración europea. Parte do esencial da carta foi a existencia dun reino perdido de cristiáns nestorianos na vasta Asia Central.

A credibilidade dada ás noticias foi tal que o papa Alexandre III enviou unha carta ao Preste Xoán co seu médico Filipe o 27 de setembro de 1177. Non hai máis rexistro sobre Filipo, pero o máis probable é que non tornase cunha resposta do Preste Xoán.Silverberg, pp. 58–60 A Carta continuou a circular, acumulando máis adornos con cada copia. En tempos modernos, a análise textual das versións hebreas da carta descubriu varias palabras italianas, e isto suxeriría que a orixe podería estar entre os xudeus do norte de Italia ou do Languedoc.Bar-Ilan, Meir (1995). "Prester John: Fiction and History" . En History of European Ideas, vol. 20 (1–3), pp. 291–298. Recuperado o 20 de xuño de 2005. De calquera xeito, o autor da Carta parece ser máis ben occidental, ben que o seu propósito non queda claro.

Imperio Mongol miniatura| Ilustración na que se mostra o gobernante kerait Ong Khan como o Preste Xoán, en Le Livre des Merveilles, s. XV. En 1221, Jacques de Vitry, bispo de Acre, tornou da desastrosa Quinta Cruzada con boas noticias: o rei David da India, fillo ou neto do Preste Xoán, mobilizara os seus exércitos contra os sarracenos. Xa conquistara Persia, entón baixo o control do Imperio Corasmita, e tamén movíase cara a Bagdad. Este descendente do gran rei que vencera aos selxúcidas en 1141 proxectaba reconquistar e reconstruír Xerusalén.Jacques de Vitry; Huygens, R. B. C. (Ed.) (1970). Lettres de Jacques de Vitry. Leiden.Silverberg, pp. 71–73. O polémico historiador e etnólogo soviético Lev Gumilev especulou que o moi reducido Reino de Xerusalén no Levante resucitou esta lenda para afoutar as experiencias cristiás e persuadir aos monarcas europeos, que perderan interese naquela época, para se involucrar en custosas cruzadas en rexións afastadas dos seus estados e asuntos.Lev Gumilev – Searching for an Imaginary Kingdom : The Legend of the Kingdom of Prester John (1970), p.342

O bispo de Acre tiña razón en crer que un gran rei conquistara Persia; porén, o agora considerado "Rei David", era o caudillo tengrista Xenxis Khan. O seu reinado levou a historia do Preste Xoán nunha nova dirección. Se ben Genghis primeiro foi visto como un flaxelo dos "inimigos" da cristiandade, probou ser tolerante coas diferentes fes entre quen non se resistían ao seu imperio, e foi o primeiro gobernante de Asia Oriental en convidar clérigos de tres grandes relixións (cristianismo, islam, e budismo) a un simposio para aprender máis sobre as súas crenzas. Tamén dicíase que gobernante mongol tiña entre súas moitas esposas unha cristiá nestoriana, que os europeos imaxinaron influente no terrible saqueo mongol a Bagdad.

O xurdimento do Imperio Mongol deu aos cristiáns occidentais a oportunidade de visitar terras que nunca antes viran, e botáronse en gran número polas seguras estradas do Imperio. A crenza de que un reino nestoriano existía en Oriente ou de que a salvación dos Estados Cruzados dependía dunha alianza cun monarca oriental, fixo enviar numerosos misioneiros e embaixadores cristiáns aos mongois, incluíndo o explorador franciscano Giovanni da Pian del Carpine en 1245 e Guillerme de Rubruck en 1253.Silverberg, p. 86.