Christian Escuredo Núñez, nado no Barco de Valdeorras o 29 de xaneiro de 1984, é un actor e cantante galego.

Traxectoria Licenciouse en Arte Dramática na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e posteriormente formouse noutras academias en teatro, danza e canto.

Iniciouse en televisión en distintos programas de Televisión de Galicia e en teatro co Teatro do Noroeste e co Centro Dramático Galego. En 2014 formou parte da produción dunha montaxe de teatro musical sobre Priscilla, raíña do deserto, en Madrid, e que lle valeu os seus primeiros premios.

Obra Discografía Cautivo (2009, Quela Records). Inesperadamente (2004, Zouma Records).

Teatro Priscila, reina del desierto (2014). Romeu e Xulieta (2007, Teatro do Noroeste) Glass City (2009, Teatro do Noroeste) As Dunas (2009, Centro Dramático Galego)

Cinema El silencio de los objetos (2015). Eduardo Barreiros, o Henry Ford galego (2011). A pesar de todo, quérote (2011). Reliquias (2009). Assalto ao Santa María (2008).

Series de televisión Fariña (2018), Antena 3. Libro de familia (2010). TVG. Actualizad@s (2010). TVG. Para mariñeiros nós (2009). VTelevisión

Galardóns Premio ao amellor actor revelación nos Premios del Teatro Musical (2014). Premio ao mellor actor protagonista na edición española dos Broadway World Awards (2015).

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en IMDb Sitio web del actor

Escuredo Escuredo Categoría:Nados no Barco de Valdeorras Categoría:Nados en 1984 Categoría:Cantantes en lingua castelá Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes