Andrés Aguiar Caamaño, nado en Cervaña (Silleda) o 20 de febreiro de 1728 e finado en Mondoñedo o 12 de novembro de 1816, foi un relixioso galego.
Traxectoria Estudou Filosofía na Universidade de Santiago e Teoloxía na Universidade de Ávila. En 1755 era director do Colexio de San Clemente, e en 1756 gañou por oposición a mestría da colexiata da Coruña. Despois acadou a praza en Lugo, e en 1776 era chantre da Catedral de Santiago de Compostela, da que foi nomeado deán en 1794. En 1796 foi nomeado bispo de Mondoñedo, cargo que ocupou durante a Guerra de Independencia española.
En 1758 participou nas exequias pola raíña Bárbara de Bragança, esposa de Fernando VI. En 25 de xaneiro de 1795 o rei Carlos IV de España nomeouno cabaleiro eclesiástico da Orde de Carlos IIIExtracto das probas de nobleza de Andrés Aguiar y Caamaño, arquivadas no "Archivo Histórico Nacional" de Madrid.
Véxase tamén Ligazóns externas . «Andrés Aguiar y Caamaño Pazos y Fernández Deza (1728-1816)» 30/1/2016, no blog Historia de Deza. Bibliografía
"Aguiar y Caamaño, André". Entrada na Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. (1999). "Andrés Aguiar Caamaño (1728-1815), obispo de Mondoñedo" en Estudios Mindonienses, ISSN 0213-4357 n.º 15, pp. 637–682.
Notas
Categoría:Nados en Silleda Categoría:Nados en 1728 Categoría:Finados en 1816 Categoría:Bispos católicos de Galicia Categoría:Bispos da diocese de Mondoñedo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela