300px CR Ferrol12px|Ferrol 10px|A CoruñaCRAT CD Zalaeta10px|Arteixo Santiago RC12px|Santiago de Compostela 12px|As PontesCR Fendetestas 12px|LalínCR Lalín 12px|LugoMuralla RC 12px|VilagarcíaOs Ingleses RC Bierzo RC12px|Ponferrada 12px|VigoVigo RC 12px|PontevedraMareantes RC Pontevedra RC12px|Pontevedra 12px|OurenseOurense RC 12px|OurenseRO Keltia Equipos da LGR1 e LGR2: A edición 2014-2015 da Liga Galega de Rugby contou con 14 equipos participantes repartidos en dúas divisións, a LGR1 e a LGR2. A fase de liga regular tivo 14 xornadas, comezando o 12 de outubro de 2014 e rematando o 22 de febreiro de 2015. A final disputouse o 14 de marzo de 2015 e nela o Ourense Rugby Club acadou o título de campión batendo ó Muralla Rugby Club.
Formato da competición Na tempada 2014/15 tanto a LGR1 como a LGR2 contaron con 7 equipos:
LGR1 Os Ingleses Ferrol Pontevedra Mareantes Ourense Muralla Vigo (filial)
LGR2 Lalín Fendetestas Zalaeta Bierzo Santiago Keltia CRAT (filial)
O formato consistiu nunca liga regular de 14 xornadas na que cada equipo se enfrontou ós demais dúas veces, unha vez como local e outra vez como visitante. Xa que o número de equipos foi impar, cada equipo descansou dúas xornadas durante esa fase da competición. Tralo remate da liga regular comezaron as eliminatorias polo título e pola permanencia.
As eliminatorias polo título de campión foron disputadas polos catro primeiros equipos da táboa e consistía en dúas semifinais e unha final, sempre nun único encontro, que se disputou no campo do equipo mellor clasificado. As semifinais enfrontaron ó 1º contra o 4º, e ó 2º contra o 3º.
O campión da liga galega de rugby tiña preferencia á hora de disputar a fase de ascenso á División de Honra B, a segunda división do rugby nacional. Para isto, o club debía cumprir certas condicións da Federación Española de Rugby. No caso de non as cumprir, o equipo que disputaría esa fase de ascenso sería o subcampión, ou no seu defecto, os seguintes clasificados na liga galega.
O ascenso da LGR2 á LGR1 foi do seguinte xeito: o campión da LGR2 ascendía directamente á LGR1. O último clasificado da LGR1 descendía directamente á LGR2. Por outra banda, o penúltimo da LGR1 disputaba unha eliminatoria a ida e volta contra o subcampión da LGR2. O gañador da eliminatoria acadaba unha praza na LGR1, e o perdedor na LGR2.
Competición Na fase de liga regular o dominio pertenceu a dous equipos moi parellos, o Club de Rugby Ferrol e o Os Ingleses Rugby Club, pero na fase de eliminatorias os dous foron sorprendidos por Ourense Rugby Club e Muralla Rugby Club, que acadaron a vitoria e o dereito a disputar a final polo título.
A final tivo lugar en Ourense o 14 de marzo de 2015 con resultado positivo para os locais, que acadaron deste xeito o campionato galego de liga, como xa fixeran na tempada 2010-11.
LGR1 Táboa da LGR1 2014-2015PosiciónEquipoPuntosEncontrosBonusXogados Gañados Empates Derrotas Ofensivos Defensivos 1CR Ferrol52121101712Os Ingleses RC48121002623Ourense RC2912615214Muralla RC2212408245Mareantes RC2112417126Pontevedra RC1612228227Vigo RC "B"141230902
Semifinais:
CR Ferrol 19-20 Muralla RC Os Ingleses RC 15-24 Ourense RC Final:
Ourense RC 33-13 Muralla RC
LGR2 Táboa da LGR2 2014-2015PosiciónEquipoPuntosEncontrosBonusXogados Gañados Empates Derrotas Ofensivos Defensivos 1CR Lalín52121101802CR Fendetestas3812813403CD Zalaeta3612705444RO Keltia3212705405Bierzo RC2612417536CRAT "B"1312309217Santiago RC512101101 Semifinais:
CR Lalín 34-12 RO Keltia CR Fendetestas 5-9 CD Zalaeta Final:
CR Lalín 15-5 CD Zalaeta
Promoción Pontevedra RC 44-10 CD Zalaeta CD Zalaeta 14-54 Pontevedra RC
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da Federación Galega de Rugby Outros artigos
Categoría:Rugby en 2015 Categoría:Liga Galega de Rugby