Siranush Harutyunyan (en , nada en Iereván o 7 de xaneiro de 1987, é unha cantante armenia máis coñecida como Sirusho (en ). Comezou a súa carreira musical mentres vivía no Canadá, na escena musical da diáspora armenia. Con nove anos recibiu un Premio da Música Armenia pola súa canción "Lusabats". O seu primeiro álbum, Sirusho, foi lanzando no 2000, e foi seguido por Sheram no 2005.

Sirusho acadou o recoñecemento internacional despois de ser a voceira de Armenia no Festival de Eurovisión 2007 e a representante do país no Festival de Eurovisión 2008 celebrado en Belgrado. Co-escribiu e interpretou a canción "Qélé, Qélé", con música composta e producida por H.A. Der-Hovagimian.

Discografía Álbums Sirusho (2000) Sheram (2005) Hima (2007) Havatum Em (2010)

Sinxelos 2005 - "Shorora" 2005 - "Sery mer" 2006 - "Mayrik" 2006 - "Heranum em" 2007 - "Hima" 2007 - "Arjani e" (featuring Sofi Mkheyan) 2007 - "Mez Vochinch Chi Bajani" 2008 - "Qélé, Qélé" 2009 - "Erotas" 2009 - "Time to Pray" (featuring Boaz Mauda e Jelena Tomasevic) 2010 - "Havatum Em" 2011 - "I Like It" 2012 - "PreGomesh" 2013 - "See" (featuring Sakis Rouvas) 2014 - "Antarber Ashkhar" 2014 - "Tariner" (featuring Harout Pamboukjian) 2015 - "Where were you" 2015 - "Kga mi or"

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Cantantes de Armenia Categoría:Nados en Iereván Categoría:Nados en 1987