San Fiz da Xesta é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 252 habitantes (127 homes e 125 mulleres), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 271 habitantes.

Patrimonio Ademais da igrexa parroquial, de sobria feitura, destaca a casa local dos Crespo.

Hai unha pequena fervenza, que forman as augas do río Asneiro.

Festas O patrón da parroquia é San Fiz, pero o refraneiro popular proclama a fama da romaría da Virxe do Carme: “Festa por festa o Carme da Xesta”. A Virxe é venerada nunha pequena capela, o día da festa facíase subir un gran fol confeccionado por unha familia da parroquia.

Actividade cultural Nesta parroquia tivo a súa sede a Banda de música da Xesta.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares da Xesta

Parroquias de Lalín

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Lalín

Ligazóns externas A Xesta na web do concello de Lalín

Categoría:Parroquias de Lalín Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Fiz