A nomenclatura química dos compostos orgánicos (do grego ονοματοκλήτωρ; όνομα 'nome', e κλήτωρ 'chamar'. O termo latino nomenclatūra refírese a unha lista de nomes, ó igual que o nomenclátor) en química orgánica é unha metodoloxía estabelecida para chamar e agrupar os compostos orgánicos.International Union of Pure and Applied Chemistry, Organic Chemistry Division, Commission on Nomenclature of Organic Chemistry, Nomenclature of Organic Chemistry, Sections A, B, C, D, E, F, and H, 2012 Edition, J. Rigaudy and S. Klesney, eds, Pergamon Press, Oxford, 1979, 559 pp.
Nomear "cousas" é unha parte da nosa comunicación en xeral polo uso de palabras e a linguaxe: é un aspecto da taxonomía cotiá para distinguir os obxectos da nosa experiencia, xunto coas súas similitudes e diferenzas, para identificar, nomear e clasificar. O emprego de nomes, así como os diferentes tipos de substantivos incorporados en diferentes linguas, conecta a nomenclatura coa lingüística teórica, mentres que a forma da estrutura mental que se emprega para comprender o mundo en relación co significado das palabras estúdase a través da lóxica conceptual e a filosofía da linguaxe.IUPAC Nomenclature of Organic Chemistry. Section A, B, C, D, F and H. London: Butterworth, 1979. (Existe tradución castelá, Madrid: CSIC, 1987 e tradución catalá, Barcelona: Institut d’Estudis Catalans, 1988).
A Unión Internacional de Química Pura e Aplicada (IUPAC) é a máxima autoridade en materia de nomenclatura química, a cal se encarga de estabelecer as regras correspondentes.Preamble
As cadeas de Simplified Molecular Input Line Entry Specification (SMILES) empréganse de xeito común para describir compostos orgánicos, e é unha forma de "denominalos".Anderson, E.; Veith, G.D; Weininger, D. (1987) SMILES: A line notation and computerized interpreter for chemical structures. Report No. EPA/600/M-87/021. U.S. EPA, Environmental Research Laboratory-Duluth, Duluth, MN 55804
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas IUPAC American Chemical Society, Committee on Nomenclature, Terminology & Symbols
Categoría:Química orgánica