María Amparo Isabel Rey Salorio, coñecida como Marián Rey, é unha avogada e política galega. Traxectoria Licenciada en Dereito. Afiliada a Sociedad Civil y Democracia, concorreu ás eleccións galegas por ese partido, dentro da candidatura pola provincia da Coruña. Nas locais de 2015 figurou de número 7 na candidatura de Unión Coruñesa, o partido da cidade da Coruña encabezado por Carlos Marcos, se ben ía como independente.La Voz de Galicia, 23-4-2015, p. L3 Uns meses despois, encabezou a lista de Vox ao Congreso dos Deputados pola provincia coruñesa, na primeira vez que ese partido pechaba unha lista en Galicia.
Forma parte da executiva do partido Vox na provincia da Coruña, como vogal.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Entrevista en Adiante Galicia
Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Nados en ano descoñecido