María Pura Lorenzana Prado, nada en Vilasante (O Saviñao) o 5 de febreiro de 1911 e finada en Santiago de Compostela o 1 de decembro de 1997, foi unha profesora e arqueóloga galega.

Traxectoria En 1925 matriculouse na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, sendo a primeira muller galega en facelo. Licenciouse en 1928 e despois doutorouse en Filosofía e Letras na Universidade Central de Madrid. En 1930 ingresou no Seminario de Estudos Galegos. Participou nas investigacións sobre as medorras do Saviñao en campañas financiadas pola Comisión de Estudos en Galicia. Compartía o nacionalismo católico conservador de Vicente Risco, impartiu unha conferencia na sede da Xuventude Católica Feminina de Compostela que foi publicada en 1931 por Ánxel Casal. Instalada na dereita do galeguismo, a evolución dos acontecementos levouna a amparar o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Profesora de Instituto en Tui e Ourense durante a guerra, exerceu diversos cargos políticos ao servizo do Goberno de Burgos: Depuradora das Bibliotecas Públicas, Delegada Provincial de Frontes e Hospitais e Organizadora dos servizos culturais do Fogar e do Ferido. En 1940 o Ministerio de Guerra do Goberno de Franco concedeulle a Medalla de Campaña de Retaguardia por méritos e servizos.Arqueólogas

Fundou o Instituto Rosalía de Castro en 1939, do que foi a súa primeira directora, permanecendo no posto quince anos. Finou en Santiago de Compostela o 1 de decembro de 1997.La Voz de Galicia, Santiago, 3-12-1997, p. 31

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

: no Álbum de mulleres.

Ficha no PARES

Categoría:Arqueólogos de Galicia Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 1997 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Franquismo en Galicia Categoría:Nados no Saviñao Categoría:Membros do Seminario de Estudos Galegos