As nitrosaminas son compostos químicos coa estrutura química R1N(-R2)-N=O, é dicir, teñen un grupo nitroso unido a unha amina. A maioría das nitrosaminas son canceríxenas.
Distribución As nitrosaminas aparecen nos produtos feitos de látex como globos, e en moitos alimentos e outros consumibles. As nitrosaminas presentes nos preservativos non se considera que supoñan un risco toxicolóxico significativo. Poden aparecer tamén en cosméticos,Cosmetics.info Nitrosaminas en cosméticos en pesticidasWarren R. Bontoyan, Mark W. Law, Dallas P. Wright Jr. Nitrosamines in agricultural and home-use pesticides. J. Agric. Food Chem., 1979, 27 (3), pp 631–635 DOI: 10.1021/jf60223a009 e orixínanse na fabricación de produtos de goma.Spiegelhalder B, Preussmann R. Nitrosamines and rubber. IARC Sci Publ. 1982;(41):231-43. PMID 7141533
Nos alimentos as nitrosaminas prodúcense a partir de nitritos e aminas secundarias, que a miúdo están presentes en forma de proteínas. Poden formarse só en certas condicións, como en condicións fortemente ácidas como as do estómago humano. As altas temperaturas, como as que hai durante as frituras, poden tamén potenciar a formación de nitrosaminas. A presenza de nitrosaminas pode identificarse por medio da reacción do nitroso de Liebermann Vogel A I, Practical Organic Chemistry, 3rd Ed. Impression 1962 p. 649 (que non se debe confundir coa reacción de Liebermann).
En condicións ácidas o nitrito orixina ácido nitoso (HNO2), que está protonado e escíndese dando lugar ao catión nitrosonio N≡O+ e auga: H2NO2+ = H2O + NO+. O catión nitrosonio reacciona despois coa amina para producir unha nitrosamina.Vogel A I, Practical Organic Chemistry, 3rd Ed. Impression 1962 p. 1074
Estes procesos fan que haxa un nivel sigificativo de nitrosaminas en moitos alimentos, especialmente cervexa, peixe, e derivados do peixe, e tamén nos produtos ue conteñen carne e queixo que foron conservados con sales de nitritos. As lexislacións dos distintos países establecen un límite na cantidade de nitritos permitidos nos produtos cárnicos para minimizar o risco de cancro na poboación. Tamén hai normas sobre a adición de ácido ascórbico ou compostos relacionados á carne, xa que este composto inhibe a formación de nitrosaminas.http://lpi.oregonstate.edu/f-w00/nitrosamine.html
As nitrosaminas específicas do tabaco encóntranse no fume do tabaco, no tabaco mastigable, e en moito menor grao no snus.
As nitrosaminas encóntranse tamén no vapor dos cigarros electrónicos, aínda que só en cantidades traza, posiblemente formadas a partir do propilén glicol ou da glicerina vexetal usada durante a súa fabricación.
Relación co cancro En 1956, dous científicos británicos, John Barnes e Peter Magee, informaron que a dimetilnitrosamina producía tumores hepáticos en ratas. Realizáronse máis investigacións e descubriuse que aproximadamente o 90% dos compostos de nitrosaminas estudados eran carcinóxenos.Kurt Straif, Stephan K Weiland, Martina Bungers, Dagmar Holthenrich, Dirk Taeger, Sun Yi, Ulrich Keil. Exposure to high concentrations of nitrosamines and cancer mortality among a cohort of rubber workers. Occup Environ Med 2000;57:180-187 doi:10.1136/oem.57.3.180. Helmut Bartsch and Ruggero Montesano. Relevance of nitrosamines to human cancer. Cardnogenesis Vol.5 no.ll pp.1381 -1393, 1984 [carcin.oxfordjournals.org/content/5/11/1381.full.pdf]N-Nitrosamines: 15 Listings - National Toxicology Program
Na década de 1970, houbo un incremento na frecuencia de cancro de fígado en animais domésticos de granxa de Noruega. Estes animais foran alimentados con carne de arenque, que fora conservada utilizando nitrito de sodio. O nitrito de sodio reaccionara coa dimetilamina na carne do peixe e producira dimetilnitrosamina.Leo M.L. Nollet,Fidel Toldra. Safety Analysis of Foods of Animal Origin. Google books. Páxina 422.
As nitrosaminas poden causar cancros nunha ampla gama de especies animais, unha característica que suxire que poden ser tamén canceríxenas en humanos. En 2006, as probas epidemiolóxicas de que se dispoñian procedentes de estudos de casos control sobre o consumo de nitritos e nitrosaminas apoiaban que hai unha asociación positiva destes produtos co incremento do risco de cancro de estómago e co cancro esofáxico, e entre o consumo de carne e carne procesada e o cancro gástrico e esofáxico, e entre o consumo de peixe conservado e vexetais e peixe afumado e o cancro de estómago, pero non eran concluíntes. En 2015, a Axencia Internacional para a Investigación do Cancro (IARC, do inglés International Agency for Research on Cancer), que é a axencia especializada no cancro da Organización Mundial da Saúde (OMS), clasifica a carne procesada (por exemplo, bacon, xamón, salchicas) como "carcinóxena para os humanos (Grupo 1), baseándose en evidencias suficientes nos humanos de que o consumo de carne procesada causa cancro colorrectal." A IARC tamén clasifica a carne vermella como "probablemente carcinóxena para os humanos (Grupo 2A), baseándose en evidencias limitadas de que o consumo de carne vermella causa cancro en humanos e evidencias mecanísticas fortes que apoian un efecto carcinóxeno." Porén, outros estudos realizados na década do 2000 non atoparon que o consumo de carnes teña unha incidencia estatisticamente significativa no risco de contraer cancro.Key, T. J. , G. E. Fraser, M. Thorogood, P. N. Appleby, V. Beral, G. Reeves, M. L. Burr, J. Chang-Claude, R. Frentzel-Beyme, J. W. Kuzma, J. Mann and K. McPherson. 1999. Mortality in vegetarians and nonvegetarians: detailed findings from a collaborative analysis of 5 prospective studies. Am. J. Clin. Nutr. 70 (suppl.): 516S-524STruswell, A. S. 2002. Meat consumption and cancer of the large bowel. E. J. Clin. Nutr. 56: S19-S24.Chao, A., M. J. Thun, C. J. Connell, M. L. McCullough, E. J. Jacobs, W. D. Flanders, C. Rodriguez, R. Sinha and E. E. Calle. 2005. Meat consumption and risk of colorectal cancer. J. Am. Med. Assoc. 293: 172-182Alexander, D. D., C. A. Cushing, K. A. Lowe, B. Sceurman and M. A. Roberts. 2009. Meta-analysis of animal fat or animal protein intake and colorectal cancer. Am. J. Clin. Nutr. 89: 1402–1409Key, T. J., P. N. Appleby, E. A. Spencer, R. C. Travis, A. W. Roddam and N. E. Allen. 2009. Cancer incidence in vegetarians: results from the European Prospective Investigation into Cancer and Nutrition (EPIC-Oxford). Am. J. Clin. Nutr. 89 (suppl.): 1620S-1626SGonzalez, C. A. et al. 2006. Meat Intake and Risk of Stomach and Esophageal Adenocarcinoma Within the European Prospective Investigation Into Cancer and Nutrition (EPIC). J. National Cancer Inst. 98: 345-354 Finalmente, un estudo de 2013 do EPIC atopou "unha asociación positiva moderada entre o consumo de carne procesada e a mortalidade, especialmente debido a doenzas cardiovasculares, pero tamén ao cancro."Sabine Rohrmann 2013 Meat consumption and mortality – results from the European Prospective Investigation into Cancer and Nutrition BMC Medicine 2013, 11:63 doi:10.1186/1741-7015-11-63 As hidrazinas derivadas destas nitrosaminas, por exemplo UDMH, son tamén carcinóxenas.Bela Toth. Hydrazines and Cancer: A Guidebook on the Carciognic Activities of Hydrazines, related chemicals and hydrazine-containing natural products. Google books
Inhibición A formación de nitrosaminas pode ser inhibida polo ácido ascórbico.
Exemplos de nitrosaminas Nome da substanciaCAS #SinónimosFórmula moilecularAspecto físicoCategoría como carcinóxenoN-Nitrosonornicotina16543-55-8NNNC9H11N3OSólido de baixo punto de fusión amarelo claro 4-(Metilnitrosamino)-1-(3-piridil)-1-butanonaHecht, Steven S.; Borukhova, Anna; Carmella, Steven G. "Tobacco specific nitrosamines" Chapter 7; of "Nicotine safety and toxicity" Society for Research on Nicotine and Tobacco; 1998 - 203 pages64091-91-4NNK, 4'-(nitrosometilamino)-1-(3-piridil)-1-butanonaC10H15N3O2Aceite amarelo claroN-Nitrosodimetilamina62-75-9Dimetilnitrosamina, N,N-dimetilnitrosamina, NDMA, DMNC2H6N2OLíquido amareloEPA-B2; IARC-2A; Carcinóxeno OSHA; Valor límite limiar (TLV, de Threshold Limit Value)-A3N-Nitrosodietilamina55-18-5Dietilnitrosamida, dietilnitrosamina, N,N-dietilnitrosamina, N-etil-N-nitrosoetanamina, dietilnitrosamina, DANA, DENA, DEN, NDEAC4H10N2OLíquido amareloEPA-B2; IARC-2A4-(Metilnitrosamino)-1-(3-piridil)-1-butanol76014-81-8NNALN-Nitrosoanabasina37620-20-5NABC10H13N3OAceite amareloIARC-3N-Nitrosoanatabina71267-22-6NATC10H11N3OAceite de cor laranxa a amarelo claroIARC-3
Notas
Véxase tamén Outros artigos Carcinóxenos
Ligazóns externas Universidade doestado de Oregón, artigo do Instituto Linus Pauling sobre as nitrosaminas e o cancro, incluíndo a historia das leis sobre a carne Factores de risco no cancro pancreático
Categoría:Grupos funcionais Categoría:Metabolismo do nitróxeno Categoría:Nitrosaminas Categoría:Carcinóxenos