Tinariwen (en tamasheq: ⵜⵏⵔⵓⵏ, con vocais ⵜⵉⵏⴰⵔⵉⵓⴻⵏ, pronunciado tinariwen "desertos", plural de ténéré "deserto"Jeffrey Heath, Dictionnaire touareg du Mali: tamachek-anglais-français (KARTHALA Editions, 2006: ISBN 2-84586-785-9), p. 490; the root is nr.) é un grupo musical tuareg procedente da rexión do deserto do Sáhara ó norte de Malí. A banda foi creada en 1979 en Tamanrasset, Alxeria, pero regresou a Malí despois do cesamento da violencia da década de 1990. O grupo comezou a ser coñecido fóra da rexión do Sáhara despois do lanzamento de The Radio Tisdas Sessions, e coas actuacións no Festival au Désert de Malí e no Festival de Roskilde en Dinamarca. A súa popularidade fíxose internacional co lanzamento do seu traballo Aman Iman en 2007, que foi aclamado pola crítica.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais de Malí Categoría:Grupos musicais formados en 1979