A subunidade DGCR8 do complexo microprocesador (iniciais en inglés de DiGeorge syndrome chromosomal [ou critical] region 8, ou "síndrome de DiGeorge cromosómica [ou crítica] rexión 8") é unha proteína que nos humanos está codificada no xene DGCR8 do cromosoma 22, que colabora no procesamento de miARN durante a interferencia de ARN. Aínda que en mamíferos o nome que se lle dá é DGCR8, noutros animais como os organismos modelo Drosophila melanogaster e Caenorhabditis elegans, esta proteína coñécese co nome de Pasha (colaboradora de Drosha). En todos eses animais é un compoñente necesario da vía de interferencia de ARN.
Función
A DGCR8 (ou Pasha) está localizada no núcleo celular e requírese para o procesamento do microARN (miARN). Únese á proteína Drosha, que é un encima RNase III, para formar o Complexo microprocesador que cliva un transcrito primario chamado pri-miARN para formar unha estrutura característica en talo-bucle chamada pre-miARN, o cal despois seguirá procesándose dando fragmentos de miARN pola acción do encima Dicer. A DGCR8 (ou Pasha) contén un dominio de unión ao ARN e crese que se une ao pri-miARN para estabilizalo para poder ser procesado seguidamente por Drosha.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:ARN Categoría:Proteínas