Lydia Kúper de Velasco, nada en Łódź o 21 de agosto de 1914 e finada en Madrid o 8 de febreiro de 2011, foi unha tradutora galego-polaca de orixe rusa. Formou parte do denominado Grupo de Moscova, que se encargou de traducir as grandes obras da literatura universal rusa. Entre outros autores, Lydia Kúper traduciu obras de Tolstoi, Dostoievski, Goncharov, Makarenko, Makanin, Pasternak, Pushkin ou Mandelshtam.

Traxectoria De pais xudeus, naceu na cidade polaca de Łódź, cando esta aínda formaba parte do imperio ruso. Tras a morte do pai, trasladouse a Odesa e finalmente mudouse a Vigo após o comezo da Guerra civil rusa. Casou con Gabriel León Trilla, un dos fundadores do Partido Comunista de España.

Pasou a infancia en Vigo e posteriormente mudouse a Madrid para estudar Filosofía e Letras. Aloxouse no departamento feminino da Residencia de Estudiantes, onde concidiu con María de Maeztu ou Teresa Díaz. Tras o inicio da Guerra civil española, Lydia Kúper exiliouse a París, nun avión no que viaxaban membros do movemento comunista, que aterrou en Orán. Posteriormente, viaxou á Unión Soviética, onde permaneceu exiliada até o ano 1957. Alí traballou como tradutora e intérprete para a cúpula do PCE, formada por dirixentes que non dominaban o ruso. Acabada a segunda guerra mundial, traballou para a URSS como tradutora no Servizo de Edicións en Linguas Estranxeiras.

En 1957, após un acordo coa Cruz Vermella e o goberno franquista, volveu a España, onde continuaría coa súa profesión de tradutora.

Guerra e paz Unha das súas traducións máis célebres foi Guerra e paz, de León Tolstoi, na que estivo a traballar durante 5 anos. Descubriu que a versión anterior, de José Laín Entralgo e Francisco José Alcántara, contiña numerosos erros. Isto debeuse a que a obra fora traducida desde o idioma francés, no canto de partir da versión orixinal en ruso.

Segundo afirmou Mario Muchnik, editor da tradución, Kúper declarou:

Notas

Véxase tamén Outros artigos Tradución Interpretación URSS

Ligazóns externas "Lydia Kúper, traductora de la gran literatura rusa", necrolóxica no xornal El País, 10 de febreiro de 2011 .

Categoría:Tradutores do ruso Categoría:Tradutores ao castelán Categoría:Nados no voivodato de Łódź Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 2011