A ermida de San Simón ou ermida de San Pedro é unha ermida situada na illa de San Simón, pertencente á parroquia de Cesantes (Redondela). Era empregado pola orde do temple como lugar de retiro espiritual.
Estilo Foi reconstruída no século XIX, após que quedase derruída nas invasións anglosaxoas. Nun dos saquexos acometidos polo pirata Francis Drake, as extremidades da estatua de San Pedro que se atopa no seu interior foron amputadas na busca de ouro no seu interior. Na restauración, deseñada por Alejo Andrade Yáñez, restaurouse a fachada seguindo un estilo neoclásico. A porta principal remata nun arco de medio punto, e foi construído un soportal na propia fachada coma refuxio aos visitantes. No proceso de restauración tamén foi eliminada a falsa bóveda para recuperar a cuberta orixinal.
A ermida na literatura O poeta e trobador medieval Mendinho fixo referencia á ermida de San Simón no único escrito do que se ten constancia deste autor, recoñecido co Día das Letras Galegas no ano 1998 (xunto con Johan de Cangas e Martín Codax). A cantigaSediam'eu na ermida de San Simion, Bibliotheca Augustana. José Joaquim Nunes, Cantigas d'amigo, n. 252, Lisboa 1928. está reproducida a continuación:
Notas
Véxase tamén Outros artigos Enseada de San Simón Ría de Vigo Ligazóns externas www.illadesansimon.org Fundación Illa de San Simón.
Categoría:Redondela Categoría:Igrexas da provincia de Pontevedra Simon