O Encoro do Alcalde Pérez-Lorente, habitualmente coñecido como encoro de Zamáns, é un pantano artificial creado en 1960 no río de ZamánsA denominación provén do nome da parroquia en que nace. Ao longo do seu curso, o río de Zamáns tamén se coñece como río Amial ou río Vilaza, polos lugares así chamados que atravesa., na parroquia de Zamáns, no concello de Vigo. A súa capacidade é de 2,2 hm³ e ocupa unha superficie de 20 hectáreas. Na zona de maior profundidade acada os 29 metros.

Fornece con auga potábel a poboación de Vigo. Até a construción do encoro de Eiras en 1977 era o único sistema de abastecemento de auga da cidade.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Auga potábel Encoro de Eiras Lugares de Vigo Ligazóns externas Encoro de Zamáns

Zamans Categoría:Vigo