miniatura|Piñeiro bravo nas illas Cíes. Inda que orixinarios do norte de África, os pinos están naturalizados en Galicia e son mencionados no himno. En bioloxía, a naturalización é o proceso de expansión de organismos alóctonos nos ecosistemas.naturalizar bo diconario da RAG.

Este proceso implica a adaptación permanente duna especie animal ou vexetal á vida nunha área diferente daquela da que procede orixinalmente.VV. AA. (1999): Dicconario esencial de las ciencias. Madrid: Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales / Espasa Calpe, S. A. ISBN 84-239-7021-0.

As especies naturalizadas poden pasar a ser especies invasoras de facerse o suficientemente abundantes como para provocaren un efecto adverso sobre as plantas e os animais nativos. Dous exemplos significativos son: o da cortadeira ou plumeiro da Pampa (Cortaderia selloana), que está considerada a sétima especie máis daniña da Península Ibérica, e en lugares como Galicia, Cantabria, Asturias ou Euskadi xa ten consideración de praga,"A xestión dunha invasión biolóxica en Galicia: Cortaderia selloana" (Schult. & Schult. f.) Asch. & Graebn." Xunta de Galicia. Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible."Entre las 20 especies más dañinas" Diario Vasco, 22 de outubro de 2014. e o do coello (Oryctolagus cuniculus) en Australia, onde os coellos asilvestrados convertéronse na principal praga do país debido á ausencia de depredadores e competidores naturais.The Rabbit Pest in Australia en Nature 67: 43-44.Rodier, William (1902): The rabbit pest in Australia: its cause and its cure. Sydney, Australia: William Brooks & Co.

Galería

Notas

Véxase tamén Outros artigos Endemismo Especie introducida Especie invasora

Categoría:Ecosistemas Categoría:Termos botánicos Categoría:Termos zoolóxicos Categoría:Especies invasoras