O castelo de Cuéllar ou Castelo dos Duques de Alburquerque é o monumento máis emblemático da vila de Cuéllar,VELASCO BAYÓN, Balbino, Mediterráneo-Meral, Pueblos de España: Cuéllar (Segovia),2008, Boadilla del Monte (Madrid) provincia de Segovia, comunidade autónoma de Castela e León, España. É Ben de Interese Cultural dende o 3 de xuño de 1931.VELASCO BAYÓN, 2008, páx. 322
Está ben conservado, pois componse dunha mestura de distintos estilos arquitectónicos, que abranguen dende o século XIII ao século XVIII, aínda que predominan o estilo gótico e o renacentista. Trátase dunha edificación militar que a partir do século XVI se someteu a obras de ampliación e transformación, converténdose nun suntuoso pazo, propiedade do Ducado de Alburquerque. Nas súas diferentes etapas construtivas traballaron mestres como Juan Guas, Hanequin de Bruxelas e o seu fillo Hanequin de Cuéllar, Juan Gil de Hontañón, Rodrigo Gil de Hontañón, Juan Gil de Hontañón o Mozo, e Juan de Álava entre outros.
Entre os seus antigos propietarios, destacan don Álvaro de Luna e Beltrán de la Cueva, así como os sucesivos duques de Alburquerque. Os seus hóspedes máis ilustres foron reis de Castela como Xoán I de Castela e a súa esposa a raíña Lionor de Aragón, quen faleceu nel, ou María de Molina, que se refuxiou neste castelo cando o seu reino a rexeitaba. Tamén destacan as figuras do pintor Francisco Javier Parcerisa, o escritor José de Espronceda, o xeneral Joseph Léopold Sigisbert Hugo ou Arthur Wellesley, duque de Wellington, que estivo acuartelado no castelo cunha gornición do seu exército durante a Guerra da Independencia Española.
Foi residencia habitual dos duques de Alburquerque durante séculos, ata que se trasladan á Corte de Madrid, converténdoo en pazo de recreo e vacacións, desvinculándose así lentamente do edificio, feito que se acentúa máis aínda cando a liña primoxénita do ducado se extingue, e a titularidade pasa á familia Osorio, descendentes de Ambrosio Spinola, marqués dos Balbases. A finais do século XIX o edificio encontrábase practicamente abandonado, e foi vítima da pillaxe. En 1938 instalouse nel un penal para presos políticos, ao que se incorpora despois un sanatorio para presos tuberculosos, retomando máis tarde a súa utilización como penal que funcionou ata 1966.
En 1972 intervén a Dirección Xeral de Belas Artes, levando a cabo unha intensiva restauración, para instaurar nel un centro de Formación profesional, que tras as novas lexislacións de Educación, se converte en instituto de Educación Secundaria Obrigatoria, actividade para a que é utilizado actualmente, entre outros usos.
Situación O castelo de Cuéllar atópase no cumio dun outeiro, no punto máis alto da vila, sobre a denominada cidadela e pechando do recinto amurallado. Está situado no n.º 4 da Praza do Pazo, a cuxa extensión lindan as fachadas norte e leste deste; a fachada sur coa Horta do Duque, e a oeste co Camiño de Santo Domingo. Ten unha superficie total de 1.025 m² e o seu punto máis alto localízase na Torre da homenaxe, cunha altura de 20 m.MONDÉJAR POMARES, 2007, páx. 61.
Historia Primeiras novas miniatura|Afonso X o Sabio. É difícil atribuír con precisión unha data segura á construción do castelo de Cuéllar. O recinto amurallado xa figura nuns documentos de 1264, sendo Afonso X o Sabio quen concede ao concello de Cuéllar a posibilidade de investir a recadación de certas multas no arranxo do mesmo.UBIETO ARTETA, Antonio, Colección Diplomática de Cuéllar, 1961, Segovia, páxinas = 63-64 a pesar diso, no pano de muralla, sobre o cal aséntase o castelo, acháronse, tras unha restauración, restos dunha muralla do século XI.MONDÉJAR POMARES, 2007, páx. 98 Tamén de época anterior, quizais de finais do século XII ou principios do século XIII sexa a porta mudéxar que se localiza na fachada sur do castelo, polo que as hipóteses máis completas suxiren que o castelo debeu xurdir á par que o recinto amurallado. A primeira nova na que se cita o castelo como tal data de 1306, cando o 2 de outubro do devandito ano Fernando IV de León e Castela outorga dende Burgos un documento similar ao do seu avó Afonso X o Sabio, concedendo o emprego da recadación das multas no refacemento do castelo.
Nada se coñece acerca da estrutura que mostraba nesa época, e foi necesario que pasase un século para volver ter constancia do edificio, pois non foi ata 1403 cando o infante Fernando I de Aragón, señor de Cuéllar, outorgou unha licenza ao concello de Cuéllar para reparar os muros e o castelo, cuxos gastos ascenderon a 30.000 marabedís que aboaron os veciños da Comunidade de Vila e Terra de Cuéllar.VELASCO BAYÓN, 1996, páx. 133 En 1431, Xoán II de Castela concedeu un privilexio similar ao anterior, segundo o cal as multas debían ser para o refacemento dos muros do castelo. O mesmo privilexio fai alusión a outro igual que concedeu o seu pai, Henrique III de Castela, e que non chegou ata os nosos días. A partir de entón, comezou un enredoso historial no señorío de Cuéllar.
Álvaro de Luna miniatura|esquerda|160px|Álvaro de Luna. O 23 de xullo de 1433, Xoán II fixo mercede da vila de Cuéllar ao condestable Álvaro de Luna, que xurou preito homenaxe aos seus habitantes o 3 de outubro do mesmo ano. Ao ano seguinte seguía ostentando o título de señor de Cuéllar.VELASCO BAYÓN, 1996, páx. 123 Curiosamente, o 24 de outubro do mesmo ano de 1433, don Fadrique de Luna, fillo de Martín de Sicilia entregou o señorío de Cuéllar á súa irmá Violante de Aragón, polo que existiron dous señores da vila ao mesmo tempo.VELASCO BAYÓN, 1996, páx. 121 Esta anomalía só pode ter unha explicación: don Fadrique caeu en desgraza do rei xa en xullo de 1433 e desposuíuno da vila outorgándolla a Álvaro de Luna; renegado, don Fadrique ao considerar en perigo o seu señorío, cedeullo á súa irmá Violante, e por iso encontramos señores a ambos os dous no mesmo tempo.
É posible que entón Álvaro de Luna comezase a formular a nova fortaleza de Cuéllar, pero dispuxo de escaso tempo material para levalas a cabo: en 1439 foi desterrado da corte, e o señorío da vila foi cedido por Xoán II de Castela o 26 de abril do mesmo ano ao seu homónimo o rei de Navarra, quen posuíuno ata 1444. Talvez por iso, por mor de comezar un proxecto en Cuéllar, conseguiu novamente o señorío da vila o 23 de xullo de 1444, tomando posesión del o ano seguinte. Foi entón cando levou a cabo a meirande parte da súa obra no castelo que lle defendeu dos seus inimigos, pois xuntou ata 300 lanzas na súa vila para combater as revoltas que precederon á súa execución en Valladolid.VELASCO BAYÓN, 1996, páx. 125 Precisamente un daqueles doce xuíces que viron o proceso e lle condenaron coa decapitación foi un cuellarano: Juan Velázquez de Cuéllar, que non puido aturar o remordemento e se fixo monxe no Mosteiro de Santa María da Armedilla, mandando colocar á súa morte, sobre a súa sepultura, unha cabeza de cera, en recordo daquela que pola súa firma cortaron ao Condestable de Castelaa.LARIOS MARTÍN, Jesús, Nobiliario de Segovia, Tomo I, 1959, Segovia, páxina 301.
Isabel a Católica Tras a morte de Álvaro de Luna, o señorío volveu a Xoán II de Castela, e o mesmo ano no que morreu o condestable (1453), outorgouse o señorío á infanta de Castela, futura Isabel a Católica, quen xa posuía outros lugares que co tempo pasaron a formar parte da Comunidade de Vila e Terra de Cuéllar: o señorío de Montemayor. Foi señora da vila ata 1464, cando entraron na historia local o seu medio irmán Henrique IV de Castela e Beltrán de la Cueva.
Henrique IV e Beltrán de la Cueva miniatura|170px|Henrique IV de Castela. Henrique IV, quen sentiu unha gran predilección por Cuéllar, onde celebrou as primeiras Cortes de Castela do seu reinado en 1455, negouse a admitir a vontade do seu pai, e persistiu en administrar a vila persoalmente, malia que o señorío pertencía á súa medio irmá. Así, o 22 de xullo de 1462, ordenou a Alfonso Pérez de Segovia que lle desen 20.000 marabedís cada ano pola tenza do castelo, e partidas similares expediu en 1463 e 1464. Unha vez na súa posesión, é entón cando en 1464 fixo mercede da vila ao seu valido Beltrán de la Cueva, en compensación á renuncia que fixo este sobre o Mestrazgo de Santiago.
Século XIX Guerra da Independencia Pola súa situación xeográfica, a medio camiño entre Segovia e Valladolid, e a existencia do castelo, a Vila xogou un papel de certa importancia durante a Guerra de Independencia, e a fortaleza un lugar cobizado polos franceses.VELASCO BAYÓN, 1996, páx. 521 Do mesmo xeito que fixeron con outros monumentos de Cuéllar, como os conventos de San Francisco, a Santísima Trindade ou a igrexa de San Pedro, o castelo tamén foi vítima do roubo e a desfeita dos franceses.VELASCO BAYÓN, 1996, páx. 525 O 28 de febreiro de 18008 chegaron os primeiros soldados franceses, que instaláronse nunha casa dunha das familias nobres de Cuéllar e foron alimentados e atendidos pola poboación. Pouco despois alzáronse en armas contra os franceses a Academia de Artillaría de Segovia e o xeneral Gregorio García de la Cuesta dende Valladolid.VELASCO BAYÓN, 1996, páx. 522 O administrador do duque, cumprindo coas ordes que procedían de Segovia, enviou todas as armas de fogo que se gardaban no castelo, para as que foron necesarios catro carros.MONDÉJAR MANZANARES, 2007, páx. 183 miniatura|180px|O mariscal de campo Arthur Wellesley, duque de Wellington. En 1812 chegou a Cuéllar o xeneral Arthur Wellesley, Lord Wellington, cun importante número de soldados. A súa chegada a Cuéllar debeu ser estarrecedora: o 1 de agosto de 1812 os soldados de cabalaría e infantaría, vitoriosos da Batalla de Arapiles foron vistos cruzando o concello de San Cristóbal de Cuéllar, mentres desfilaban ao son das trompetas en dirección á Vila, durando a exhibición desde as sete ata as once da mañá. O párroco do concello, testemuña deste feito, tivo que acubillar un capitán inglés e á súa esposa, e asegura que Arthur Wellesley desfilou no seu cabalo correspondendo riseiro aos saúdos da multitude.VELASCO BAYÓN, 1996, páx. 523 Tras ofrecer un xantar aos mandos superiores, o exército encamiñouse a Cuéllar, onde permaneceron aloxados polo menos seis días.
O 7 de xaneiro de 1813 volveron os franceses, que escacharon a porta do Mosteiro de Santa Clara e golpearon o capelán e ao sancristán da igrexa. Tamén sufriu desfeitas o castelo: acenderon unha fogueira alimentada polos mobles do mesmo e continuaron co espolio iniciado polos seus compatriotas o ano anterior.VELASCO BAYÓN, 1996, páxs. 521-525 En maio do mesmo ano, cando xa se retiraba do campo de batalla, chegou a Cuéllar o Xeneral Joseph Léopold Sigisbert Hugo (pai dos literatos Eugène Hugo, Abel Hugo e Victor Hugo), que se aloxou no castelo, acompañado do seu convoi, onde descansaron unha noite. Foron atendidos pola poboación con abundante comida, boa cama e forraxes, pero ante o perigo das guerrillas abandonaron Cuéllar en dirección a Tudela de Duero.VELASCO BAYÓN, 1996, páxs. 523-524
A familia Osorio en Cuéllar En 1811 faleceu en Londres sen sucesión José Miguel de la Cueva e de la Cerda, XIV e último duque baixo o apelido de la Cueva. Entón iniciouse un longo preito polas casas nobiliarias e morgados que se reunían na súa persoa. Houberon de pasar 19 anos ata que, en 1830 o Ducado volveu posuír titularidade legal: Nicolás Osorio y Zayas, fiel defensor da Revolución Liberal e pai do coñecido alcalde de Madrid, Pepe Osorio, o Gran Duque de Sesto, promotor da Restauración borbónica en España, non só a nivel político, senón tamén económico.
A pesar de non posuír o señorío de Cuéllar, pois este tipo de organismos foran abolidos nas Cortes de Cádiz en 1811, posuíron o título de marqueses de Cuéllar e con el, a propiedade do castelo. Estes novos señores do edificio procedían da gran familia dos Osorio, marqueses de Alcañices e dos Balbases, descendentes de Ambrosio Spinola.
Século XX miniatura|