Son de Galicia é unha colección de música galega publicada en 2003 polo xornal La Voz de Galicia. A colección consta de 41 CDs onde se incluíu o máis representativo da música feita en Galicia. As obras son fundamentalmente reedicións, mais hai tamén algún disco inédito, principalmente recompilatorios.
Cronoloxía A colección comezou a distribuírse o domingo 5 de xaneiro de 2003, publicándose os discos Galicia no país das maravillas (Milladoiro, 1984) e un recompilatorio dos mellores temas de Los Tamara, ao prezo de dous euros. O martes 7 de xaneiro publicouse Ara Solis (Luar na Lubre, 1993). O 27 de xaneiro o xornal publicou o álbum Cancións (Saraibas, 1996). O 29 de xaneiro saíu á venda o álbum O mal tempo (Mutenrohi, 1995). O 4 de febreiro tocoulle quenda ao álbum O colo do vento (Muxicas, 1996). O 24 de febreiro publicouse un recompilatorio do grupo Ávalon. O 1 de abril publicouse un recompilatorio dos mellores temas de Taranis.
Discos Los Tamara – Recompilatorio Doa – O son da estrela escura (1979) Emilio Cao – Simbad en Galicia Brath – Rodeira (2001) Amancio Prada – Rosas a Rosalía (1997) Fuxan os Ventos – Quen a soubera cantar (1981) Ana Kiro – Recompilatorio Suso Vaamonde – Nin rosmar un laído (1977) Manuela e Miguel – Barco na alba (1990) A Quenlla – Namórate da vida (1999) Milladoiro – Galicia no país das maravillas (1984) Los Satélites con Sito Sedes Xil Ríos – Que non decaia (1992) Muxicas – No colo do vento (1996) Pallamallada – Recompilatorio Xocaloma – Rosas de luz (1991) Gaiteiros Galegos – Música para danza Orquesta de Cámara de Xove e grupo vocal Solo Voces Real Banda de Gaitas – Gallaecia (1994) Saraibas – Cancións (1996) Luar na Lubre – Ara Solis (1993) Na Lúa – Contradanzas (1991) Uxía – Recompilatorio Pablo Quintana – O cego andante (1982) Eva Castiñeira e Florencio (O cego dos Vilares) – Recolleita. Vol. I (1981) Berrogüetto – Navicularia (1996) Orquestra Sinfónica de Galicia Grupo Universitario de Cámara de Compostela – Cantigas de Santamaría, Códice Calixtino e Martín Códax (1980) Leilía – Recompilatorio Recompilatorio música galega I Ávalon – Recompilatorio Mutenrohi – O mal tempo (1995) Taranis – Recompilatorio Susana Seivane – Susana Seivane (1999) Arco da Vella – Abuña Copo (1995) Noitébregos – Noitébregos (2002) Bágoa da Raíña – En augas de Ortigueira (1998) Druadán – Druadan (2000) Quinta Feira – De seu (2000) A Roda – Pra os amigos (1980) Recompilatorio música galega II
Notas
Categoría:Música de Galicia Categoría:La Voz de Galicia