miniatura|A gruta onde apareceu Nosa Señora de Lurdes. Nosa Señora de Lurdes, coñecida comunmente como Virxe de Lurdes, é unha advocación da Virxe María.
Historia A advocación de Nosa Señora de Lurdes fai referencia ás dezaoito aparicións da Virxe María que Bernadette Soubirous (1844 -1879) afirmou ter presenciado na gruta de Massabielle, a beiras do río Gave de Pau, nos arredores da cidade francesa de Lourdes.
Xa en vida de Bernadette, multitude de católicos creron nas aparicións da Virxe María como vehículo da graza de Deus, e o papa Pío IX autorizou o bispo local para que permitise a veneración da Virxe María en Lurdes en 1862, uns dezasete anos antes da morte de Bernadette.
Bernadette Soubirous foi proclamada santa por Pío XI o 8 de decembro de 1933. Dende entón, a advocación da Virxe María como Nosa Señora de Lurdes foi motivo de gran veneración, e o seu santuario é un dos máis visitados do mundo: entre 5 e 6 millóns de persoas peregrinan alí cada ano.
A Igrexa Católica invoca a Nosa Señora de Lurdes como patroa dos enfermos.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Aparición mariana Nosa Señora de Fátima
Lourdes Categoría:Santos patróns de parroquias de Galicia