miniatura|250px|O Príncipe Hanzoku, aterrorizado por un raposo de nove colas. Impresión de Utagawa Kuniyoshi (século XIX).

A palabra xaponesa kitsune (狐, ) significa raposo, animal que constitúe un elemento de singular importancia no folclore xaponés, até o punto en que a devandita palabra se utiliza tradicionalmente para nomear a un espírito do bosque con forma de raposo, cuxa función clásica é a de protexer bosques e aldeas. Segundo a mitoloxía xaponesa, o raposo é un ser intelixente que posúe habilidades máxicas, que se incrementan coa idade e a adquisición de coñecementos. A idade, sabedoría e poder dun kitsune son tamén maiores a medida que aumenta o número de colas, sendo o máis poderoso o kitsune de nove colas.

O kitsune está estreitamente asociado ao deus shinto (kami) Inari, deus da fertilidade, da agricultura, do arroz e dos raposos, tanto como mensaxeiro como servente do mesmo. Os poderes atribuídos ao Kitsune inclúen a capacidade de adoptar a forma humana, concretamente de muller nova. Nalgúns contos tradicionais, e en xeral no folclore, o kitsune desenvólvese como un ser que aproveita a súa metamorfose para facer trasnadas ás persoas, mentres que noutras ocasións desempeña funcións de gardiá, amiga, amante ou esposa.

Como consecuencia de todos estes atributos máxicos, ao kitsune ofrécenselle ofrendas coma se fose unha deidade. A orixe histórica deste papel central do raposo no folclore xaponés está na súa convivencia harmónica co ser humano no Antigo Xapón, da que se derivou un crecente corpus de lendas respecto diso.

Orixe miniatura|200px|Un raposo de nove colas, tomado do libro Shan Hai Jing da Dinastía Qing. O espírito do raposo ou huli jing do folclore chinés é similar ao kitsune. Existe un debate acerca da orixe dos mitos do kitsune, algúns destacan en fontes estranxeiras ou en ideas indíxenas xaponesas ao redor do século V a. C. É amplamente coñecido que algúns mitos dos raposos poden ser atopados na China, Corea, a India ou Grecia. Moitas destas primeiras historias están rexistradas no Konjaku Monogatari, unha colección do século XI de narracións chinesas, indias e xaponesas. As historias folclóricas chinesas relatan acerca do huli jing, un espírito de raposo parecido ao kitsune e que posúe nove colas. En Corea existe o kumiho (raposo de nove colas), unha criatura mitolóxica que chegaba a vivir mil anos. Existen diferenzas, como por exemplo o kumiho é visto como un ser maligno, oposto á súa contraparte xaponesa. Non obstante, eruditos como Ugo A. Casal suxiren que as similitudes mostran que os mitos dos raposos tiveron a súa orixe en fontes indias como o Hitopadesha (XII d. C.). Pero este está indubidablemente baseado no Pañcha tantra (India, século III a. C.), que posiblemente está baseado nas Fábulas de Esopo (Grecia, século VI a. C.) que estas se esparexeron a China e Corea, e en última instancia ao Xapón.

En contraste, o folclorista xaponés Kiyoshi Nozaki argumenta que o kitsune xaponés adquiriu atributos positivos ao redor do século IV; e que soamente na China e Corea se presentaron atributos negativos. Estima que, baseándose nunha colección de libros do século XVI chamado Nihon Ryakki, os raposos e os humanos vivían moi correlacionados no antigo Xapón, e que deu como resultado a aparición de lendas indíxenas acerca dos kitsune. A investigadora Karen Smyers, unha investigadora do deus Inari, menciona que a idea do raposo como un ser sedutor ante o ser humano e a conexión dos mitos do raposo no budismo, foron introducidos ao folclore xaponés a través das historias chinesas, mais sostén que algunhas historias de raposos conteñen elementos únicos no Xapón.

Etimoloxía dereita|miniatura|200px|O Xapón é fogar de dúas subespecies de raposo vermello: o raposo de Hokkaido (Vulpes vulpes schrencki, na imaxe), e o raposo vermello xaponés (Vulpes vulpes japonica). Segundo Nozaki, a palabra kitsune foi orixinalmente unha Onomatopea. Kitsu representaba ao ouveo do raposo e deu como significado á palabra raposo. Ne é unha expresión afectiva, na que Nozaki tómao como evidencia dunha tradición establecida e de orixe propia da benevolencia do raposo no folclore xaponés. Kitsu é agora un arcaísmo, xa que no xaponés moderno o ouveo do raposo é representado como kon kon ou gon gon.

Unha das historias máis antigas que se coñece acerca dos kitsune explicaba a etimoloxía popular máis coñecida para a palabra kitsune, no entanto, hoxe xa está refutada. A diferenza da maioría das historias nas que os kitsune que se transformaban en humanos e casaban con homes, esta historia en particular non terminaba de xeito tráxico:

Como o raposo regresaba co seu esposo cada noite como unha muller, pero abandonábao na mañá como un raposo, é chamado Kitsune. En xaponés clásico, kitsu-ne significa "vir e durmir" e ki-tsune significa "vir sempre".

Características miniatura|274x274px|Estatua dun kitsune no santuario de Inari; próximo ao templo budista de Todai-ji en Nara, Xapón. Os kitsune son coñecidos por posuír unha intelixencia superior, unha longa vida e poderes máxicos. Son un tipo de yōkai, ou entidade espiritual, e a palabra kitsune é ás veces traducido como "espírito de raposo". Con todo, isto non quere dicir que os kitsune sexan pantasmas, nin tampouco que sexan fundamentalmente diferentes aos raposos comúns. A palabra "espírito" é usada para reflectir un estado de coñecemento ou iluminación, xa que todos os raposos con longa vida adquiren poderes sobrenaturais.

Existen dúas clases comúns de kitsune. Os zenko son raposos benevolentes e celestiais asociados co deus Inari; son simplemente chamados raposos de Inari. En cambio, os yako (literalmente, "raposos de campo"), son salvaxes, tenden a ser travesos e mesmo malvados. As tradicións locais engaden outras clases de kitsune. Por exemplo, un ninko é un espírito de raposo invisible que os humanos só podían percibir cando eran posuídos por eles. Outra tradición clasifica aos kitsune en trece tipos definidos pola clase de habilidades sobrenaturais que posúa o kitsune.

Fisicamente, os kitsune sobresaen pola súa cantidade de colas, que chegan a ter até nove colas. Xeralmente, un gran número de colas indica un raposo máis lonxevo e máis poderoso; de feito, algunhas narracións populares mencionan que un raposo terá colas adicionais cando alcance os mil anos. Nas historias son comúns os kitsune dunha, cinco, sete e nove colas. Cando un kitsune obtén a súa novena cola, a súa pelaxe vólvese branca ou dourada. Os raposos de nove colas ou kyūbi no kitsune teñen a habilidade de ver e oír calquera suceso que ocorra no mundo. Outras historias atribúenlle sabedoría infinita, esencialmente omnisciente. miniatura|218px|Un obake karuta (cartón de monstros) de comezos do século XIX mostrando un kitsune. O xogo involucraba comparar pistas de historias folclóricas a cada debuxo da criatura.

Cambio de forma Un kitsune pode adoptar forma humana, unha habilidade que se aprende a certa idade — usualmente aos 100 anos, aínda que outras historias mencionan que aos 50 anos. Como un requisito para a transformación, o raposo débese pór xuncos, unha folla de gran tamaño ou unha caveira sobre a súa cabeza. As formas que pode adoptar o kitsune son de mulleres fermosas, mozas novas ou de homes anciáns. Estas formas non están limitadas pola idade ou polo xénero do raposo, mesmo un kitsune pode duplicar a aparencia dunha persoa en específico. Os kitsune son particularmente coñecidos por converterse en belas mulleres. Había unha crenza popular no Xapón medieval na que se se atopaba unha muller solitaria, especialmente á noitiña ou durante a noite, podía ser un raposo.

Nalgunhas historias, os kitsune teñen dificultade para agochar as súas colas cando se transforman en seres humanos; a aparición da cola, cando o raposo se emborrachaba ou se descoidaba, é un xeito habitual de descubrir a verdadeira identidade da criatura. Outras formas de descubrir a identidade dos kitsune eran que como seres humanos aínda tiñan trazos parecidos ao raposo, tamén lles cobre unha pelaxe fina, teñen unha sombra en forma de raposo, ou o seu propio reflexo revelaba a súa identidade. O termo kitsune-gao (literalmente "cara de raposo") refírese ás mulleres humanas que teñen unha cara angosta con ollos moi xuntos, cellas delgadas e pómulos saíntes. Tradicionalmente, esta estrutura facial é considerada atractiva, e nalgunhas historias atribúenselle aos raposos con forma humana. Os kitsune teñen fobia e desprezo aos cans, mesmo na súa forma humana, e algúns túrbanse ante a súa presenza no momento no que se converten en raposos e foxen. Tamén unha persoa devota pode ser capaz de ver a identidade do raposo inmediatamente.

Unha historia popular ilustra estas imperfeccións nos kitsune convertidos en humanos; relataba acerca de Koan, unha personaxe histórica que posuía a sabedoría e os poderes máxicos como vidente. Segundo esta historia, el estaba na casa dun dos seus devotos cando se queimou o seu pé ao entrar no baño debido a que a auga estaba moi quente. Entón, "na súa angustia, escapouse do baño espido. Cando a xente da casa o viu, eles estaban pasmados cando observaron que Koan posuía unha pelaxe que cubría gran parte do seu corpo e sobresaíalle unha cola de raposo. Entón Koan transformouse en fronte deles, converténdose nun raposo ancián e fuxiu."

Outras habilidades sobrenaturais que se lle atribúen comunmente ao kitsune inclúen a posesión, a aparición de lume ou luz na boca ou nas colas (son coñecidos como kitsune-bi; literalmente "raposo de lume"), a manifestación voluntaria nos soños doutros, a capacidade de voar, invisibilidade, e creación de ilusións ben elaboradas que son case indistinguibles da realidade. Nalgunhas historias menciónase ao kitsune con poderes máis grandiosos, como curvar o tempo e o espazo, volver tolas as persoas, ou tomar formas fantásticas como unha árbore de considerable altura ou unha segunda lúa no ceo. Outros kitsune teñen características similares aos vampiros ou os súcubos e aliméntanse da enerxía vital ou do espírito dos seres humanos, xeralmente a través do contacto sexual.

Kitsunetsuki miniatura|354px|O kami Inari (esquerda) e os seus serventes raposo (ao fondo) axudan o ferreiro Munechika (dereita) a forxar a espada ko-kitsune-maru (Pequeno Raposo) ao final do século X. A lenda é o argumento do drama nō Sanjo Kokaji. O kitsunetsuki (狐憑き ou 狐付き) literalmente significa "o estado de estar posuído por un raposo". A vítima é principalmente unha muller nova, na que o raposo entra debaixo das súas unllas ou a través dos seus seos para alimentarse da súa enerxía vital e facerse máis forte. Nalgúns casos, a expresión facial da vítima cambia dunha forma que é parecida á dun raposo. A tradición xaponesa menciona que a posesión dun raposo pode facer que se a vítima é analfabeta teña a habilidade temporal de ler.

O folklorista Lafcadio Hearn describe a condición de ser posuído por un kitsune no seu primeiro volume do seu libro Glimpses of Unfamiliar Japan:

Cómpre sinalar, que ao liberarse da posesión, a vítima non será capaz de comer tofu, azukimeshi, ou outra comida que lle agrade aos raposos.

O exorcismo, ás veces realizado nun santuario de Inari, pode inducir a un raposo a abandonar o seu hóspede. No pasado, cando non era posible o exorcismo con métodos benevolentes ou se non estaba un monxe, as vítimas do kitsunetsuki eran golpeadas ou queimadas para forzar o abandono do espírito. Familias enteiras eran condenadas ao ostracismo nas súas comunidades se tiñan a un membro da familia posuído por un raposo.