A lagarta rabuda oriental (Psammodromus jeanneaeIUCN P. jeanneae) é unha especie de lagarta da familia Lacertidae, propia da parte oriental da Península Ibérica. Anteriormente estaba incluída (igual que a P. manuelae) na especie P. algirus, pero estudos recentes do seu ADN mitocondrial mostraron que é unha nova especie.Busack, Stephen; Salvador, A. & Lawson, Robin 2006 Two new species in the genus Psammodromus (Reptilia: Lacertidae) from the Iberian Peninsula. Annals of the Carnegle Mus. 75 (1): 1 - 10. Non obstante, algúns autores consideran que P. algirus, P. manuelae e P. jeanneae son sinónimos (Verdú Ricoy et al. 2010).Reptiles database Psammodromus algirusVerdú-Ricoy, Joaquín; Carranza, Salvador; Salvador, Alfredo; Busack, Stephen D.; Díaz, José A. 2010. Phylogeography of Psammodromus algirus (Lacertidae) revisited: systematic implications. Amphibia-Reptilia 31 (4): 576-582.

Busack e Lawson (2006) estimaron que o illamento reprodutivo entre as poboacións ancestrais de P. algirus a ambos os lados do estreito de Xibraltar ocorreu hai uns 2,98-3,23 millóns de anos e a separación entre P. manuelae e P. jeanneae hai entre 1,4-1,54 millóns de anos. Outros autores (Carranza et al. 2006) atrasan máis ambas as datas.

O nome da especie "jeanneae" fai referencia a Jeanne A. Visnaw, esposa dun dos descritores da especie, Stephen D. Busack. Jeanne capturou o primeiro exemplar e preparou os seus tecidos para o seu exame. Esta lagarta rabuda denomínase oriental, porque a outra especie irmá, P. manuelae, ocupa a parte occidental da Península.

Descrición

Coloración do dorso pardo clara, pardo cobriza ou olivácea, con dúas liñas supraciliares e outras dúas supralabiais abrancazadas ou amareladas, cunha banda escura entre elas. Nalgunhas poboacións hai unha liña vertebral escura. Ocelos axilares de cor azulada, de tamaño decrecente cara á parte posterior, menores que en P. manuelae. Os ocelos están rodeados de negro. Os machos grandes presentan en primavera os lados da cabeza e a gorxa de cor alaranxada e amarela. Flancos de escasa coloración negra e con disposición irregular.

Notas

Categoría:Réptiles de España Categoría:Réptiles de Francia Categoría:Animais descritos en 2006