miniatura|270px|Podarcis hispanica no Parque Nacional de Peneda-Gerês Podarcis é un xénero da clase dos saurópsidos (réptiles), orde dos escamosos, suborde dos lacertilios e familia dos lacértidos, un dos comprendidos na familia dos lacertinos.
Características As súas especies presentan moitas semellanzas externas coas do xénero Lacerta, pero son de menor tamaño (20–25 cm) e a súa anatomía interna é bastante diferente na construción do cranio o hemipene, e os procesos das vértebras caudais.Diesener, Günter & Reichholf (1996). Lurche und Kriechtiere. München: Mosaik-Verlag. ISBN 978-3-5761-0697-0.
Boas gabeadoras, as súas escamas dorsais son pequenas, e as ventrais, sen colar, non están imbricadas. As súas placas supratemporais son estreitas. Poden desprender a cola cando escapan dos depredadores.
Distribución As especies de Podarcis teñen unha distribución circunmediterránea. Varias especies e subespecies son endémicas de certas illas ou illotes, ás veces de só uns centos de metros cadrados de extensión.
En Galicia En Galicia están presentes as especies Podarcis bocagei, P. hispanica e P. muralis, que son coñecidas co nome vulgar de lagartas.lagarta no Dicionario da RAG.
Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1830 polo zoólogo alemán, especializado en herpetoloxía, Johann Georg Wagler,Podarcis Wagler, 1830 no ITIS. Consultado o 22 de agosto de 2921.Podarcis Wagler, 1830 no GBIF. Consultado o 22 de agosto de 2921. na súa obra Natürliches System der Amphibien, mit vorangehender Classification der Säugthiere und Vogel. Ein Beitrag zur vergleichenden Zoologie.
Sinónimo Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polo sinónimo: Podarces Wiegmann, 1834
Especies O xénero comprende as seguintes vinte e cinco especies:Podarcis en The Reptile Database.
Podarcis bocagei (López Seoane, 1885) Podarcis carbonelli Perez Mellado, 1981 Podarcis cretensis (Wettstein, 1952) Podarcis erhardii (Bedriaga, 1882) Podarcis filfolensis (Bedriaga, 1876) Podarcis gaigeae (Werner, 1930) Podarcis guadarramae (Boscá, 1916) Podarcis hispanicus (Steindachner, 1870) Podarcis ionicus (Lehrs, 1902) Podarcis latastei (Bedriaga, 1879) Podarcis levendis Lymberakis, et al., 2008 Podarcis lilfordi (Günther, 1874) Podarcis liolepis (Boulenger, 1905) Podarcis melisellensis (Braun, 1877) Podarcis milensis (Bedriaga, 1882) Podarcis muralis (Laurenti, 1768) Podarcis peloponnesiacus (Bibron & Bory, 1833) Podarcis pityusensis (Boscá, 1883) Podarcis raffonei (Mertens, 1952) Podarcis siculus (Rafinesque-Schmaltz, 1810) Podarcis tauricus (Pallas, 1814) Podarcis tiliguerta (Gmelin, 1789) Podarcis vaucheri (Boulenger, 1905) Podarcis virescens Geniez, et al., 2014 Podarcis waglerianus Gistel, 1868
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Arnold, E. N., Arribas, O. & Carranza, S. (2007): "Systematics of the Palaearctic and Oriental lizard tribe Lacertini (Squamata: Lacertidae: Lacertinae), with descriptions of eight new genera". Zootaxa 1430: 1–86. (Resume). Edwards, S., Branch, W. R., Vanhooydonck, B., Herrel, A., Measey, G. J. & Tolley, K. A. (2013): "Taxonomic adjustments in the systematics of the southern African lacertid lizards (Sauria: Lacertidae)". Zootaxa 3669 (2): 101–114. (Resume). Galán Regalado, Pedro e Fernández Arias, Gustavo (1993): Anfibios e réptiles de Galicia. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-722-6.
Outros artigos Saurópsidos Escamosos Escincomorfos Lacertilios Lacértidos Lacertinos
Ligazóns externas Podarcis en The Reptile Database. Podarcis Wagler, 1830 en BioLib. Wall Lizards. Podarcis na EOL.
Categoría:Réptiles