Xosé Luís Rei Núñez, coñecido como Luís Rei, nado no Grove en 1960 e finado en Pontevedra o 9 de agosto de 2015, foi un bibliotecario e escritor galego.

Traxectoria Profesor de EXB, bibliotecario e técnico de cultura do Concello de Cambados. Foi concelleiro do BNG no Grove. Investigou sobre vida e obra de Ramón Cabanillas, foi promotor da conmemoración do Ano Cabanillas en 2009 e comisario da exposición Ramón Cabanillas. A roseira dos recordos, aberta co gallo da celebración. Foi presidente da Asociación Ecoloxista do Grove, presidiu o Colectivo Ecoloxista do Salnés, foi fundador da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial en 1993, membro destacado do Comité Organizador da VII Edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, en Cambados en 2005 e dirixiu a revista Ardentía.

Recibiu o Premio Ramón Cabanillas en 2015.

Obras Artigos "Cabanillas en Cambados, a forxa dun poeta" (2000) "Ramón Cabanillas: a disidencia republicana" (2006)

Libros Ramón Cabanillas, xornalista cambadés (2001), con Xabier Camba. Camiño longo. Antre as roseiras de Cabanillas (2004). Ramón Cabanillas. Crónica de desterros e saudades (2009). Basiliana. Materiais para unha biografía de Basilio Álvarez que ficou inconclusa (2022). Lobishome Producións. A edición anotada leva a sinatura de Emilio Xosé Ínsua e o epílogo é unha contribución de Francisco Fernández Rei.

Recoñecementos A Biblioteca municipal de Cambados, situada na Casa dos Fraga, foi bautizada co nome de Luís Rei en 2015.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha de autor en Galaxia Entrevista Entrevista

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Concelleiros do Grove Categoría:Concelleiros de Galicia polo BNG Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Nados no Grove Categoría:Nados en 1960 Categoría:Finados en 2015