Cudillero,"Cudillero" en DEGU, t. 19, p. 101. en asturiano Cuideiru, en castelán Cudillero,"Cudillero" en Nuevo Diccionario Enciclopédico Ilustrado, t. 2. p. 680, Durvan, Bilbao. é un porto pesqueiro e concello da Comarca de Avilés, no Principado de Asturias. A súa poboación en 2014 era de 5 369 habitantes (2 665 homes e 2 704 mulleres).Instituto Nacional de Estadística (INE).
Xeografía Está situado á beira do Mar Cantábrico, a 55 km ao noroeste de Oviedo e ao oeste de Xixón. Na capital do concello as casas están distribuídas en chanzos, dende o mar ata o monte.
Demografía
Cultura miniatura|esquerda|Igrexa de San Martín de Luiña, BIC. Patrimonio Destacan o conxunto histórico de Cudillero, a igrexa de Santa María e a casa reitoral de Soto de Luiña, antigo hospital de peregrinos, así como a igrexa de San Martín de Luiña, en Escalada, todos eles catalogados como bens de interese cultural.
Outros monumentos históricos son a capela do Humilladero, gótica, moi reformada. No palacio da Quinta de Selgas, do século XVI,Microsoft Encarta, 2009, (DVD). en Selgas de Abajo, El Pito, Piñera, está o museo homónimo, que alberga pinturas de Goya, El Greco, Luca Giordano, Corrado Giaquinto e Vicente Carducho.Fundación Selgas Fagalde
Economía Os principais recursos son o turismo e a pesca e a industria conserveira.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía "Cudillero [Concejo - España]" e "Cudillero [España]" en Enciclopedia Universal Micronet, en DVD. Outros artigos Camiño do Norte Ligazóns externas Páxina web do concello
Categoría:Concellos de Asturias Categoría:Localidades do Camiño do Norte