Microstomus kitt é un peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, familia dos pleuronéctidos e subfamilia dos pleuronectinos,Microstomus kitt (Walbaum, 1792) no WoRMS. unha das catro que integran o xénero Microstomus,Microstomus Gottsche, 1835 no WoRMS. e que é coñecida en galego como mendo,Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Galaxia. ISBN 84-7154-433-4, p. 201-202. e tamén como mendo limón.Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 82.

Trátase como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos ten o corpo aplanado, asimétrico, e cos dous ollos situados no lado pigmentado do corpo. dun peixe mariño, demersal, oceanódromo, de grande importancia económica, que pode alcanzar até os 65 cm de lonxitude e os 3 kg de peso, que habita en augas pouco profundas dos mares do noroeste de Europa, en fondos pedregosos de até profundidades duns 200 m, e que se distribúe desde o mar Cantábrico e o golfo de Biscaia, polo sur, até os mares de Barents e Branco, polo norte, incluíndo tamén as costas de Islandia.

Taxonomía A especie foi descrita en 1792 polo médico, naturalista e taxonomista alemán Johann Julius Walbaum, que lle adxudicou o nome de Pleuronectes kitt. Sinónimos Ademais de polo nome orixinario e polo actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos: Microstomus latidens Gottsche, 1835 Platessa pola Cuvier, 1829 Pleuronectes gilli Steindachner, 1868 Pleuronectes laevis Shaw, 1803 Pleuronectes microcephalus Donovan, 1803

Nota sobre os nomes vulgares galegos A bibliografía galega dispoñíbel pode dar lugar a confusións os nomes desta especie e de Glyptocephalus cynoglossus.Como vimos, Rodríguez Solórzano el at. denominan a Microstomus kitt como mendo, e Lahuerta e Vázquez, como mendo limón.Porén, estes últimos autores dan o sinónimo mendo a Glyptocephalus cynoglossus,Lahuerta e Vázquez (2000), p. 81. mentres que ámbalas autoridades designan a esta especie como coreano,Por outra parte cómpre dicir que no Gran dicionario Xerais da lingua, na súa edición de 2009, define MENDO2 como "peixe pleuronectiforme (Glyptocephalus cynoglossus) de corpo longo, con pintas circulares máis pardas có resto da pel polo lombo e a aleta pectoral negra"; e o Diccionario Cumio da lingua galega, de 1999, tamén define mendo, na súa 2ª acepción, como "peixe mariño malacopterixio (Glyptocephalus cynoglossus) de forma plana semellante ao linguado", definición que se repite no Gran dicionario Cumio da lingua galega, de 2004, e máis no Gran dicionario século 21 da lingua galega, de 2006, coeditado este último con Galaxia.Ningún dos dicionarios destas editoriais define coreano co significado de peixe.

Características As principais características de Microstomus kitt son as seguintes:Muus, Bent J. et al. (1998), p. 270.Muus, B. J. & J. G. Nielsen (1999): Sea fish. Scandinavian Fishing Year Book, Hedehusene: Denmark.Frimodt, C. (1995): Multilingual illustrated guide to the world's commercial coldwater fish. Oxford, England: Fishing News Books, Osney Mead.

Corpo ovalado, bastante máis ancho que o doutros peixes planos, de até 65 cm e 3 kg de peso (aínda que os espécimes capturados raramente superan os 40 cm). Cabeza pequena, coa boca así mesmo pequena. Pel e tacto áspero. A coloración do lado pigmentado ou superior é acastañada, con manchas máis escuras, e a do lado cego é abrancazada. Liña lateral case recta, con tan só unha lixeira curva por riba da aleta pectoral.

Bioloxía Hábitat e distribución Hábitat É un peixe mariño, demersal, oceanódromo, que vive en augas pouco profundas dos mares do noroeste de Europa, sobre todo en fondos pedregosos a profundidades de entre os 10 e os 200 m (usualmente, de 10 a 150 m).Riede, K. (2004): Global register of migratory species - from global to regional scales. Final Report of the R&D-Projekt 808 05 081. Federal Agency for Nature Conservation, Bonn, Germany.FAO-FIGIS (2001): "Microstomus kitt" en A world overview of species of interest to fisheries. FIGIS Species Fact Sheets. Species Identification and Data Programme-SIDP, FAO-FIGIS. Distribución Encóntrase entre os 72° N e os 43° N, e entre os 26° W e os 45° E, desde o mar Cantábrico e o golfo de Biscaia, polo sur, até os mares de Barents e Branco, polo norte, incluíndo tamén as costas de Islandia.`Microstomus kitt (Walbaum, 1792) en FishBase.

Nota: Ver mapa de distribución en AquaMaps for Microstomus kitt (Native range) , na EOL.

Nutrición Aliméntase de pequenos organismos bentónicos: crustáceos, vermes poliquetos, ofiúras e moluscos (quitóns e bivalvos), dos que semella que os poliquetos constitúen a base da súa dieta. Segundo parece, non se alimentan en inverno.Flintegård, H. (1987): Fishes in the North Sea Museum's aquaria. North Sea Museum, North Sea Centre, DK-9850 Hirtshals. Hirtshals Bogtryk/Offset A/S. Reprodución Microstomus kitt alcanza a madurez sexual (os machos primeiro) cando mide entre os 23 e os 30 cm, cando ten de 3 a 6 anos de idade. A desova prodúcese en zonas abrigadas, a profundidades de entre 50 e 150 m na maior parte da súa área de distribución. Os ovos son peláxicos, e miden de 1 a 1,5 mm de diámetro. Cando eclosionan dan lugar a larvas, así mesmo peláxicas, de 4,5 a 5,5 mm de lonxitude. As larvas permanecen en mar aberto até que sofren a metamorfose que as transforma en peixes planos cando alcanzan entre 15 e 20 mm de lonxitude. Daquela, baixan cara ao fondo en augas relativamente profundas.

Pesca e usos Pesca Microstomus kitt péscase principalmente en inverno, mediante artes de arrastre, sendo unha valiosa captura adicional neste tipo de pesca.

As capturas desta especie roldaban, nos anos 1990, as 10.000 t. En 2007 a cota total de captura da Unión Europea (TAC) para Microstomus kitt e Glyptocephalus cynoglossus foi de 6.175 t, das cales foron apañadas 3.716 t, na súa maioría por pescadores do Reino Unido. No ano 2008 a TAC foi de 6.793 t e, en 2009, de 6.793 t.Documents considered by the Committee on 21 January 2009 - European Scrutiny Committee. Hansard, 21 de xaneiro de 2009.Barratt & Irwin (2008).

Usos Comercialízase en fresco ou conservado en xeo.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Barratt & Irwin (2008): United Kingdom Sea Fishing Statistics 2007, Londres: Marine and Fisheries Agency, 49. ISBN 0-85521-181-3. Cooper, J. A. & F. Chapleau (1998): "Monophyly and intrarelationships of the family Pleuronectidae (Pleuronectiformes), with a revised classification". Fish. Bull. 96 (4): 686-726. Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos Pleuronectiformes Pleuronéctidos Pleuronectinos Microstomus

Ligazóns externas Microstomus kitt na EOL. Abundante información, imaxes, mapas de distribución e referencias Microstomus kitt na ADW.

Categoría:Pleuronectiformes Categoría:Peixes de Galicia Categoría:Peixes do océano Atlántico Categoría:Animais descritos en 1904 Categoría:Produtos da pesca