Lepidopsetta bilineata é un peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, familia dos pleuronéctidos e subfamilia dos pleuronectinos,Lepidopsetta bilineata (Ayres, 1855) no WoRMS. unha das tres que integran o xénero Lepidopsetta,Lepidopsetta Gill, 1862 no WoRMS. coñecida en galego como solla de rocha do Pacífico.Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 82.

Como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos, as especies deste xénero teñen o corpo aplanado, asimétrico, e cos dous ollos situados no lado pigmentado do corpo.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1855 polo ictiólogo estadounidense William Orville Ayres, baixo o nome de Platessa bilineata.

Etimoloxía O nome específico, bilineata, fai referencia á rama supratemporal da liña lateral, que está bifurcada. O adxectivo latino bilineata está formado polo elemento bi-, "dous, dúas" e líneata, forma feminina de lineatus, -a, -um "con liña", "que ten liña" (do latín linea, "liña"). Literalmente, "que ten dúas liñas", "bifurcado". A forma feminina é para concordar gramaticalmente co nome do xénero, Lepidopsetta, que é feminino por selo tamén Psetta.

Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, e polo orixinario que lle deu Ayres, a especie coñécese tamén polos seguintes sinónimos:

Lepidopsetta bilineata bilineata (Ayres, 1855) Platichthys umbrosus Girard, 1856 Pleuronectes bilineatus (Ayres, 1855) Pleuronectes perarcuatus Cope, 1873

Características Trátase dun peixe mariño, demersal, de até 60 cm de lonxitude (as femias, os machos non superan os 58 cm).Hart, J. L. (1973): "Pacific fishes of Canada". Bull. Fish. Res. Board Can. 180. e que pode chegar a pesar até 1,8 kg.Fadéev, N. S. (1971): Biology and fisheries of the Pacific Ocean flatfishes. Vladivostok, Russia: Dal'izdat.

A súa columna vertebral está formada por de 39 a 42 vértebras. A aleta dorsal presenta entre 65 e 82 raios, mentres que a analcomprende de 50 a 65. A orixe da aleta dorsal sitúase sobre a parte dianteira do ollo superior. A aleta caudal remata cunha marxe posterior que forma unha ampla "V". A aletas pectorais son pequenas, e poden seren asimétricas.

O espazo intraorbital é estreito.Orr, J. W. & A. C. Matarese (2000).

Bioloxía Hábitat e distribución Lepidopsetta bilineata vive en fondos de area e grava en profundidades de até os 575 m, aínda que comunmente se encontra entre os 0 e os 183 m.Lepidopsetta bilineata (Ayres, 1855) en FishBase.

O seu hábitat natural son as augas temperadas do Pacífico norte, entre os 67° N e os 34° N, e entre os 124° L e os 119° O,FAO-FIGIS (2005): A world overview of species of interest to fisheries. Capítulo Lepidopsetta bilineata. FIGIS Species Fact Sheets. Species Identification and Data Programme-SIDP, FAO-FIGIS. desde a Baixa California, polo sur, até Alasca, as illas Aleutianas e parte sueste do mar de Bering, polo norte.

Papel no ecosistema Lepidopsetta bilineata ocupa un nivel trófico moderadamente alto na cadea alimentaria.

Alimentación Aliméntase de moluscos, vermes poliquetos, crustáceos, ofiúras e pequenos peixes. Predadores Esta especie é depredada por mamíferos mariños e por outros peixes, incluíndo diversos tiburóns, o bacallau de Alasca (Gadus chalcogrammus) o bacallau do Pacífico (Gadus macrocephalus) e outros peixes planos, como o hipogloso do Pacífico (Hippoglossus stenolepis) e a limanda áspera (Limanda aspera).

Reprodución

Ledopsetta bilineata alcanza a madureza reprodutiva entre os 4 e os 7 anos de idade. A desova prodúcese en inverno e principios da primavera. Os ovos son demersais e permanecen na superficie na que se depositan, A eclosión ocorre entre os 6 e os 25 días despois da posta.

Lonxevidade A máxima idade rexistrada alcanza os 22 anos.Munk, K. M. (2001): "Maximum ages of groundfishes in waters off Alaska and British Columbia and consideration of age determination". Alaska Fish. Res. Bull. 8 (1): 12-21.

Pesca

Lepidopsetta bilineata é un saboroso peixe utilizado como alimento, e forma parte importante das pescarías de arrastre no mar de Bering e no golfo de Alasca. Aínda que a súa explotación foi excesiva nos anos 1960, as poboacións recuperáronse e hoxe en día estímase que a súa biomasa no mar de Bering e as illas Aleutianas é moi alta, até dúas veces o nivel necesario para o rendemento máximo sustentábel. En 2008 a súa biomasa estimada na pescaría do golfo de Alasca era dunhas 102.303 t, en comparación coas capturas, que oscilaron desde as 453 t en 2004 e as 4.330 t en 2006.

As capturas comerciais en varios anos no Canadá alcanzaron as 3.000 t.Eschmeyer, W. N.; E. S. Herald & H. Hammann (1983): A field guide to Pacific coast fishes of North America. Boston, USA: Houghton Mifflin Company.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Allen, M. J. & G. B. Smith (1988): "Atlas and zoogeography of common fishes in the Bering Sea and northeastern Pacific". NOAA Tech. Rep. NMFS 66. Cooper, J. A. & F. Chapleau (1998): "Monophyly and intrarelationships of the family Pleuronectidae (Pleuronectiformes), with a revised classification". Fish. Bull. 96 (4): 686-726. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7. Orr, J. W. & A. C. Matarese (2000): "Revision of the genus Lepidopsetta Gill, 1862 (Teleostei: Pleuronectidae) based on larval and adult morphology, with a description of a new species from the North Pacific Ocean and Bering Sea". Fishery Bulletin 98: 539-582.

Outros artigos Lepidopsetta Lepidopsetta polyxystra

Ligazóns externas Lepidopsetta bilineata na EOL. Informacións, imaxes e mapas de distribución . Lepidopsetta bilineata na ADW.

Categoría:Pleuronectiformes Categoría:Animais descritos en 1855 Categoría:Produtos da pesca