A Cidadela de Pamplona (en castelán: Ciudadela de Pamplona, en éuscaro: Iruñeko zitadela) ou Castelo Novo (en castelán: Castillo Nuevo, en éuscaro: Gaztelu Berria) é unha fortificación renacentista de antigo uso militar, construída entre os séculos XVI e XVII na cidade de Pamplona, capital da Comunidade Foral de Navarra, que na actualidade se mantén gran parte dela en pé como xardín e con actividades culturais nos seus edificios.

Filipe II ordenou a súa construción en 1571, dentro dun plan de renovación e fortalecemento xeral das fortificacións da cidade. Pódese dar por concluída en 1645, aínda así reforzouse con "medias lúas" exteriores en 1685 e na primeira metade do século XVIII, que reforzaban o sistema defensivo. En 1964 perdeu o seu carácter militar, converténdose nun parque moi frecuentado e con usos culturais nos antigos edificios castrenses.

Na actualidade localízase no centro da cidade, encontrándose rodeada por todas as partes polo parque coñecido como Vuelta del Castillo, a zona verde máis grande de Pamplona e que permaneceu durante séculos sen construír por motivos de defensa.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Ligazóns externas Información na páxina de Turismo de Navarra Información na páxina de Turismo de Pamplona

Categoría:Arquitectura en Pamplona Categoría:Parques de España Categoría:Fortes de España