Shaun Patrick Livingston, nado o 11 de setembro de 1985 en Peoria, Illinois, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense. Cunha altura de 2,01 m e 87 kg de peso, Livingston xoga na posición de base. O seu maior éxito é o anel de campión conseguido como membro dos Warriors na temporada . Antes do equipo californiano formou parte de Los Angeles Clippers, equipo que o seleccionou no Draft da NBA en 2004, Miami Heat, Oklahoma City Thunder, Washington Wizards, Charlotte Bobcats, Milwaukee Bucks, Cleveland Cavaliers e Brooklyn Nets.

Traxectoria Instituto Xogou primeiro no instituto Richwoods, pasando posteriormente ao de Peoria Central, onde se lle comparou coa grande estrela da NBA Magic Johnson. No ano 2004 xogou o McDonald's High School All-American, un partido que disputan os mellores xogadores de instituto da temporada, onde foi nomeado co-MVP. Debido ao éxito, aceptou unha bolsa para xogar e realizar os seus estudos na Universidade de Duke, mais pouco despois renunciou a ela, anunciando que se presentaría no Draft da NBA.

Profesional Foi elixido na cuarta posición da primeira rolda do Draft de 2004]] por Los Angeles Clippers, aproveitando a praza que lles cederan os Charlotte Bobcats. Na súa tempada de rookie tan só puido disputar 30 partidos debido a unha lesión de xeonllo. A pesar diso, conseguiu facer unha media de 7,4 puntos e 5 asistencias por partido. Na súa segunda tempada tamén se perdeu un bo número de partidos por mor das lesións, mais a súa maior desgraza sucedería en febreiro de 2007, cando, tras unha mala caída, desconxuntouse a rótula e fracturouse os ligamentos anterior e posterior do xeonllo, o que lle fixo perderse o resto da temporada , tendo prevista unha recuperación de polo menos 8 meses.

En outubro de 2008 asinou contrato con Miami Heat, pasando despois polos Oklahoma City Thunder e os Tulsa 66ers da NBA Development League. Tras pasar por Wizards e Bobcats, o 23 de xuño de 2011 asina polos Milwaukee Bucks nun traspaso a tres bandas. Posteriormente volvería aos Wizards, para xogar despois en Cleveland e Brooklyn. Finalmente en 2014 asina polos Golden State Warriors, equipo co que consegue o seu primeiro anel de campión.

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil de Shaun Livingston en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1985 Categoría:Nados en Peoria, Illinois Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores dos Miami Heat Categoría:Xogadores dos Oklahoma City Thunder Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos Charlotte Bobcats Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets Categoría:Xogadores dos Golden State Warriors