Latas de sopa Campbell (en ), tamén coñecida como 32 latas de sopa Campbell,Frazier, páx. 708. é unha obra de arte producida en 1962 polo artista estadounidense Andy Warhol. Consiste en trinta e dous lenzos, cada un de 50,8 cm de altura e 40,6 cm de largura, nos que hai pintada unha lata de sopa Campbell que reproduce tódalas variedades de sopa enlatada que a compañía ofrecía daquela. As pinturas individuais foron realizadas cun proceso semimecanizado de serigrafía. O apoio de Campbell's Soup Cans respecto dos temas da cultura popular axudou á arte pop a converterse nun movemento artístico de transcendencia.

Para Warhol, un ilustrador comercial que se convertería nun autor de éxito, pintor e director de cinema, esta obra supuxo a súa primeira exposición individual nunha galería de arte como artista profesional.Angell, páx. 38.Livingstone, páx. 32. A obra, exposta por vez primeira na Galería Ferus de Os Ánxeles, marcou o comezo da arte pop na costa oeste dos Estados Unidos.Lippard, páx. 158. Ó comezo, a mestura do proceso semimecanizado, o estilo e o tema comercial provocaron anoxo, xa que o evidente comercialismo mundano representaba unha aldraxa directa á técnica e filosofía do expresionismo abstracto, un movemento artístico que foi dominante durante o período posterior á segunda guerra mundial e que se aferrabaa, non só ós valores e á estética das «Belas Artes», senón tamén a unha inclinación mística. Esta controversia conducíu a un gran debate sobre a ética e os méritos que supoñían este traballo. Os motivos de Warhol como artista foron postos en cuestión, e continúan a día de hoxe. A gran conmoción pública axudar a transformar a Warhol dende un experimentado ilustrador comercial dos anos 1950 a un notable artista de belas artes, e distinguíuno doutros artistas pop emerxentes. Aínda que a demanda comercial polas súas pinturas no foi immediata, a relación de Warhol co tema fixo que o seu nome se convertese en sinónimo das pinturas de Latas de sopa Campbell.

Notas

Categoría:Obras pictóricas de 1962